Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1333/2001).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria, do día 20 de decembro de 2001, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente as alegacións formuladas por María Teresa López García, en conformidade co informe do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística do 18 de decembro de 2001, que se transcribirá á interesada.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación da zona 13 do SU-32 do PXOU de Ourense, por instancia de Ángel Freire Rodríguez, en representación da Rede Nacional de Ferrocarrís Españois (Renfe) significando a entidade promotora que o efectivo aboamento ó concello do aproveitamento urbanístico lucrativo monetarizado que lle corresponde (5.328.102 pesetas) producirase antes do momento no que se inscriba no Rexistro da Propiedade o proxecto de compensación e se substitúan uns predios por outros.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 15 de xaneiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente