Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.171

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Por Orde do 29 de outubro de 2001, convocouse concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Cómpre agora, facer pública a adxudicación provisional de destinos obtidos nos concursos de traslados. Na súa virtude esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-En virtude desta resolución provisional de concurso de traslados adxudicarlles, destino pro

visional, ós profesores que figuran nos anexos I, II, III e IV nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Publica-la relación de excluídos no anexo V polas causas que se indican.

Terceiro.-Contra esta resolución provisional cabe reclamación e renuncias no prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia. Nembargantes, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal