Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 66/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no Campus de Vigo da Universidade de Vigo.

Polo Decreto 274/1991, do 30 de xullo (DOG do 13 de agosto), creouse a Escola Universitaria de Graduado Social do Campus de Vigo como centro adscrito á Universidade de Vigo, por transformación do Seminario de Estudios Sociais de Vigo, e autorizouse a implantación dos estudios conducentes á obtención do título de diplomado en graduado social.

Posteriormente, polo Decreto 216/1999, do 15 de xullo (DOG do 26 de xullo), autorizouse o cambio de denominación da Escola Universitaria de Graduado Social do Campus de Vigo (adscrita), polo de Escola Universitaria de Relacións Laborais, albergando os estudios xa autorizados e ratificados polo Decreto 247/1992, do 30 de xullo (DOG do 17 de agosto), conducentes ó título de diplomado en relacións laborais.

Pola súa banda, o Decreto 192/1993, de 29 de xullo (DOG do 17 de agosto) autorizou a implantación da licenciatura en dereito no Campus de Vigo como sección delegada da Facultade de Dereito do Campus de Ourense, creada polo Decreto 416/1990, do 31 de xullo (DOG do 10 de agosto).

Con este decreto créase a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no Campus de Vigo, solicitada por esa universidade, ó tempo que se integran nela as titulacións de licenciatura en dereito e de diplomatura en relacións laborais, unha vez que ten cumpridos tódolos requisitos previos ó acto formal da autorización por parte da Xunta de Galicia.

De conformidade coa Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, a Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, a Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario

de Galicia, o Real decreto 557/1991, do 12 de abril, sobre creación e recoñecemento de universidades e centros universitarios, e co Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudios na Comunidade Autónoma de Galicia; en virtude das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; a instancia do Consello Social da Universidade de Vigo, vistos os informes do Consello Universitario de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Créase a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no Campus de Vigo da Universidade de Vigo.

2. Esta facultade créase pola transformación da Sección Delegada da Facultade de Dereito e a integración da titulación de relacións laborais, co que se suprime a Escola Universitaria de Relacións Laborais.

3. Nesta facultade impartiranse os estudios conducentes á licenciatura en dereito e á diplomatura en relacións laborais.

Artigo 2º

No momento da integración, o profesorado da actual Escola Universitaria de Relacións Laborais, que se recolle no anexo I, pasará a prestar servicios na Universidade de Vigo nas categorías legais que proceda e integrarase nos correspondentes departamentos universitarios, sen prexuízo, se é o caso, do cumprimento do establecido na normativa de incompatibilidades.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Universidade de Vigo, de acordo cos principios e coas normas de autonomía universitaria e respectando a lexislación vixente, adoptará as disposicións necesarias para o cumprimento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de febreiro de dosu mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Persoal docente.

DNIApelidos e nomeÁrea de coñecementoDedicación

45068406-KAdellac Pascual, CarmenDereito do traballo e S.S.T. parcial

35974501-VBouso Cedrón, PedroEconomía aplicadaT. completo

36094634-KDomínguez Rubira, Mª CarmenPsicoloxía socialT. parcial

02167030-QGamero López-Peláez, F. JavierDereito do traballo e S.S.T. parcial

36025303-NGarcía Rodríguez, FátimaSocioloxíaT. completo

36075694-XGarza Castro, RamónOrganización de empresasT. parcial

36043596-CMariño de Andrés, ÁngelDereito civilT. completo

36029883-SMeijide Rico, BelénFiloloxía inglesaT. parcial

36089803-COrge Míguez, José CarlosEconomía financeira E.C.T. completo

77253460-WPrat Viñas, María TeresaPsicoloxía socialT. parcial

36113338-ARipoll Delebourse, VirginiaFiloloxía francesaT. parcial

33794618-MSeoane Prieto, Mª ÁngelesDereito do traballo e S.S.T. parcial

33238202-MTrigo Gómez, PilarEstatística e I.O.T. completo

Persoal non docente.

DNIApelidos e nomeCategoría profesionalGrupo

35975511-SLonga Martínez, Mª IsabelDirectora bibliotecaII

36070096-ROtero Lamas, Carmen RosaXefa de negociadoIII

36029175-CPrieto Tobio, JoaquínSubxefe de negociadoIV

36111670-ZViña Martínez, SusanaOficial de primeiraIV

36076546-BGonzález Pablos, AlfonsoOficial de segundaIV

36074149-YRodríguez Feijoo, Mª AmadoraAuxiliar administrativaIV

36134584-CEstévez Orge, MarcosAuxiliar de bibliotecaIV

36109298-BVázquez Escudero, A. JoséOrdenanzaV