Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO.

Anuncio de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da subministración de pa retroescavadora e rozadora:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Touro.

2. Obxecto do contrato: adquisición dunha pa retroescavadora e rozadora.

3. Prazo de entrega: un mes desde a sinatura do contrato correspondente.

4. Tramitación: urxente.

-Procedemento: aberto.

-Forma de adxudicación: concurso.

-Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación Provincial da Coruña con data do 30 de marzo de 2001 (BOP nº 78, do 4 de abril de 2001).

5. Orzamento de licitación: 81.136,63 (oitenta e un mil cento trinta e seis euros e sesenta e tres céntimos).

6. Garantía:

-Provisional: 2 por cento do prezo de licitación.

-Definitiva: 4 por cento do prezo de adxudicación.

7. Documentación e información: secretaría do concello.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do último día do prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia ou no xornal El Correo Gallego.

b) Documentación: a documentación presentarase en 2 sobres cerrados titulados:

Sobre A: subtitulado Documentación.

Sobre B: subtitulado Oferta económica e referencias técnicas. Conterá a proposición económica axustada ó modelo que figura no anexo III do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: oficinas municipais na Casa do Concello de Touro.

10. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Casa do Concello de Touro.

b) Data: 12 horas do segundo día seguinte hábil (excepto sábados) ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Touro, 13 de febreiro de 2002.

Ignacio Codesido Barreiro

Alcalde