Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RÁBADE

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, con data do 11 de febreiro de 2002, acordou aproba-los trámites oportunos para a adxudicación, mediante concurso con procedemento aberto, dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rábade. Para tal efecto, aprobou o correspondente prego de

cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que se expoñen ó público polo prazo de oito días para exame e reclamacións, e simultaneamente anúnciase o correspondente concurso público:

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Rábade, r/ Lope de Vega, s/n, 27370 Rábade. Teléfono: 982 39 00 62, fax: 982 39 04 11.

2. Obxecto do contrato:

Consultoría e asistencia técnica: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rábade.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Tipo de licitación:

O tipo de licitación é de 48.147,94 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Garantía provisional: 2% do orzamento.

b) Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

Os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do Concello de Rábade, das 9 ás 14 horas de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite: prazo de 15 días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a última publicación dos devanditos anuncios, das 9 ás 14 horas.

b) Lugar: Concello de Rábade, r/ Lope de Vega, s/n. Teléfono: 982 39 00 62 e fax: 982 39 04 11.

c) Documentación: a esixida no prego de condicións.

8. Apertura de ofertas:

A apertura das ofertas económicas terá lugar na Casa do Concello de Rábade, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Rábade, 13 de febreiro de 2002.

Francisco-Xosé Fernández Montes

Alcalde