Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: paso a subt. L.M.T. 20 kV a C.T. bombeo paseo fluvial.
Situación: Chantada.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con lonxitude de 0,692 km con orixe no C.T. A Ponte conductor tipo R.H.V. e final no apoio nº 4. R.B.T. aérea con lonxitude de 0,300 km con orixe en apoio nº 3 conductor tipo R.Z., R.B.T. subterránea con lonxitude de 0,170 km con orixe no apoio nº 6 conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio
no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 16 de xaneiro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo