Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/10).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. D.C. Santiago II-Negreira 20 kV en Piñeiro.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al, para alimentar novo centro de distribución baixo a liña Santiago II-Negreira de dobre circuíto (L-12 y L-13), que

se vai instalar, e liña con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 8 m de lonxitude desde centro distribucións ó C.T. Hostalería que se vai instalar, en urbanización río Sarela.

Centro de distribucións en caseta prefabricada e centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en urbanización río Sarela. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña