Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.130

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/031 de catedrático de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo estable

cidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que deberá resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/031, convocada por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 17 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 7 de febreiro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de catedrático de universidade.

Área de coñecemento: composición arquitectónica.

Praza nº: 01/031.

Comisión titular.

Presidente: Navascues Palacio, Pedro, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Soraluce Blond, José Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Rivera Blanco, José Javier, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Baldellou Santolaria, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Montaner Martorell, José M., catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Comisión suplente:

Presidenta: Montoliu Soler, Amparo Violeta, catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Secretario: Ruiz Hernando, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais:

González y Amezqueta, Adolfo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Arnau Amo, Joaquín, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Cenicacelaya Marijuan, Javier, catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.