Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002 pola que se convoca un curso de formación de educadores de centros de menores de titularidade propia da Xunta de Galicia.

En cumprimento da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, subscribiuse un convenio de colaboración entre a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a Escola Galega de Administración Pública, para a realización dun curso de formación de educadores de centros de

menores no Programa Construíndo Saúde: promoción e desenvolvemento persoal e social. Para tal fin convócase o curso referido no anexo I desta resolución, que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado, deberá solicitalo coa presentación da instancia e da certificación que, como modelos oficiais, se recollen nos anexos II e III desta resolución, e cubrilos en tódolos epígrafes. Para a descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso poderán, de ser preciso, xuntar unha folla adicional.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), e presentaranse no seu rexistro, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 10 días naturais antes da data de comezo do curso.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos esixidos para o curso no referido anexo I. Excluiranse os solicitantes que xa tivesen feito un curso de similar contido. En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

A relación de seleccionados para participar no curso exporanse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da EGAP, e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Terceira.-Certificados de asistencia.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación de asitencia e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Cuarta.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes ou outras causas sobrevidas imposibilitasen a súa realización. As ditas circunstancias comunicaranse, de se-lo caso, ós solicitantes.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso de formación de educadores de centros de menores de titularidade propia da Xunta de Galicia

1. Obxectivos.

-Posibilita-la creación dunha comunicación horizontal recíproca e distendida que sirva para consolida-lo grupo e fomenta-la comunicación interpersoal.

-Crear un ambiente de participación e distensión que favoreza a comunicación activa.

-Favorece-la cohesión do grupo.

-Aumenta-la autoestima.

-Favorece-la creación dun bo clima de traballo, a través do coñecemento de todos e cada un dos membros.

-Mellora-lo coñecemento de si mesmo.

-Favorecer un clima positivo de traballo.

-Presenta-lo concepto de problemas interpersoais.

-Motivar para aprende-las habilidades ensinadas como habilidades de enfrontamento.

2. Destinatarios.

Educadores e directores dos centros de menores propios da Comuninade Autónoma.

3. Selección.

Conforme os seguintes criterios: poden participar no curso os educadores e directores dos centros propios de menores da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Desenvolvemento.

Duración: 50 horas.

Lugar: centros propios de menores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Datas: entre o 20 de marzo e o 30 de abril.

Horario: das 16 ás 20 horas.

Prazas: 70.

5. Contido.

Contido teórico (20 horas).

-Principais problemáticas nos centros de menores.

-Principios de aprendizaxe.

-Programas de intervención xeral con menores.

-Os programas O semáforo dos problemas e Adestramento en habilidade de vida.

-Contido práctico (30 horas).

-Planificación das actividades do programa.

-Posta en marcha.

-Rexistro de actividades.

ANEXO III

D., secretario

xeral/delegado provincial/responsable do servicio de persoal na consellería/delegación provincial de

Certifico:

Que D./Dna. , no

desempeño do seu posto de traballo de .................. realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso

..., ... de ... de 2002.

Asdo.: