Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 21 de febreiro de 2002 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia (Arzúa e nove máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data do 19 de febreiro de 2002. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/ Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tri

bunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza; praza de Galicia s/n. 15004 A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a Orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño), e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos punto décimo primeiro do O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21 de xullo). Nomeamento acordo da Sala de Goberno do 15-2-2002.

Provincia da Coruña

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, José Manuel Silvosa Tallón.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, Óscar Méndez Fernández.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, José María Furelos León.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, Dolores Rolle Insua.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, María Violeta Reboredo Otero.

Provincia de Lugo

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá, Ana Cadenas Fernández.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria, María del Carmen Álvarez Iglesias.

Provincia de Ourense

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do Carballiño, María Dolores Blanco Pereira.

Provincia de Pontevedra

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas, Henrique Perianes Estévez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instruccción número dous do Porriño, Alicia Mateos Cortés.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de saída da xerencia territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno, do 15-2-2002, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña 21 de febreiro de 2002.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia