Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2002, do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, de concurso para a subministración de pensos para o programa de recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción para o ano 2002.

No BOP de Ourense, do día vintetrés de xaneiro de dous mil dous, publícase íntegro o prego de condicións para a subministración de pensos para o programa de recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción para o ano 2002, mediante concurso. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Inorde. A apertura da documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial; rúa Progreso, 32. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Inorde; rúa Progreso, 28, ou por teléfono: 988 39 10 85 e fax: 988 39 19 62.

Ourense, 5 de febreiro de 2002.

Antonio Mouriño Villar

Presidente do Instituto Ourensán

de Desenvolvemento Económico