Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, para a adxudicación da subministración e instalación de mesas e armarios e cadeiras para os despachos dos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación da subministración e instalación de mesas e armarios e cadeiras para os despachos dos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 4/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración e instalación de mesas e armarios e cadeiras para os despachos dos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: dous lotes: lote nº 1 e lote nº 2.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo da subministración: quince días a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Lote nº 1: 263.400,81 euros.

Lote nº 2: 255.690,67 euros.

Total lotes 1 e 2: 519.091,48 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación (10.381,829 euros).

Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 43, do 4 de febreiro de 2002).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante os catorce días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 43, do 4 de febreiro de 2002).

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la garantía de mantemento: tres anos naturais e as reparacións faranse in situ cunha resposta inferior ás corenta e oito horas.

e) Admisión de variantes (concurso): admítense melloras e alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ós oito días hábiles seguintes ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento e publicados no BOPG nº 43, do 4 de febreiro de 2002.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia