Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de febreiro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o requirimento de documentación incompleta en relación co expediente e persoa que se relaciona no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

Examinada a documentación complementaria presentada por vde., co obxecto de obter axudas complementarias destinadas a mozos para a adquisición/promoción dunha vivenda de protección pública, ó abeiro da Orde do 25 de xullo de 2001, observáronse as seguintes deficiencias, polo que deberá achega-la documentación que a continuación se indica:

-Certificado municipal de empadroamento na vivienda obxecto das axudas.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes (xúntase impreso).

O que se pon no seu coñecemento para que, de conformidade co establecido no artigo 71.1º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceda a emenda-las deficiencias sinaladas no prazo de 15 días hábiles improrrogables contados desde o seguinte a aquel no que se realice a notificación.

De non emenda-las deficiencias sinaladas ou de non presenta-la totalidade da documentación requirida no prazo indicado, terase por desistido da súa petición, que se arquivará logo de resolución.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-X-0268/01.

Interesado: Juan Miguel Álvarez González.

Último enderezo coñecido: r/ Braña, número 5, 5º B (Ponteareas).

Intentos de notificación persoal: o 26-11-2001 ás 13.20 h e o 28-11-2001 ás 13.15 h.