Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.041

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, que modifica a do 26 de outubro de 2001, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), de conformidade coas resolucións do 27 de agosto e 10 de outubro de 2001 (lista B).

Detectado erro nas listas publicadas pola Resolución do 26 de outubro de 2001 (DOG nº 215, do 7 de novembro), correspondentes ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), lista B, e uha vez emendado este e de conformidade co acordado pola comisión permanente de selección para prazas de funcionarios na súa xuntanza do 13 de febreiro de 2002, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública, unha vez emendado o erro detectado, a modificación das listas reguladas no

Decreto 89/1997, do 10 de abril do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), consistente en eliminar da relación de excluídos a Juliana Marta Márquez Hiebra, que pasa a integrarse na relación da admitidos cunha puntuación de 0,950, ocupando o número de orde 279 no ámbito de Lugo.

Segundo.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública