Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade ó convenio celebrado entre a Consellería de Industria e Comercio e o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, para a execución do proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9.

Subscrito entre a Consellería de Industria e Comercio e o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras un convenio de colaboración en materia de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9, procede a publicación no Diario Oficial de Galicia do dito convenio, que figura como anexo a esta resolución.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

ANEXO

Convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, para a execución do proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9.

Na cidade de Santiago de Compostela o 18 de decembro de 2001.

Dunha parte,

José Folgado Blanco, secretario de Estado de Economía, de Enerxía e da Pequena e Mediana Empresa, nomeado polo Real decreto 569/2000, do 28 de abril, na súa calidade de presidente do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, no exercicio das competencias atribuídas na disposición adicional décimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada a esta pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Doutra,

Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, nomeado polo Decreto 308/2001, do 15 de decembro, que en virtude do disposto no artigo 3 da orde da Consellería de Industria e Comercio do 9 de decembro de 1999, sobre delegación das competencias en materia de subscrición de convenios no secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 243, do 20 de decembro), reclama neste acto para si o exercicio da competencia delegada pola anterior orde.

Ambos recoñécense, na representación que posúen, capacidade para formalizar este convenio de colaboración específico para a execución do proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9 e, en desenvolvemento do protocolo de colaboración subscrito o día 11 de febreiro de 1998 entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, actualizado por acordo suplementario do 16 de xullo de 2001, e en virtude das competencias que ámbalas partes se recoñecen no devandito protocolo, e para tal efecto,

EXPOÑEN:

Que o proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9 se atopa recollido, entre os que se van executar, no anexo ó protocolo de colaboración subscrito entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que a cláusula quinta do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras de Galicia, prevía que en convenios de colaboración específicos adicionais ó citado protocolo se determinarían, entre outras, as seguintes cuestións:

-As actuacións que se deben realizar en desenvolvemento dun proxecto de infraestructuras, en concreto, o prazo de execución, o custo e a xustificación das actuacións para a súa realización.

-Unha vez adxudicada a obra, os termos en que se realizarán as achegas económicas da Administración xeral do Estado, en concreto, do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e o Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras.

-Calquera outra cuestión que se considere conveniente para o mellor desenvolvemento do convenio de colaboración específico de execución do proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9 e do protocolo de referencia.

Que consideran conveniente proceder ó desenvolvemento do protocolo de colaboración na Comunidade Autónoma de Galicia e, en concreto, a realización do proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9 e, que para iso,

ACORDAN:

Primeiro.-Desenvolve-las actuacións necesarias na execución do proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9, cun custo que ascende a un millón cincocentos noventa e dous mil seiscentos oitenta e tres euros (1.592.683 euros).

Segundo.-De acordo co previsto na cláusula terceira do protocolo de colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras financiará as actuacións previstas neste con

venio de colaboración específico cunha achega económica que non superará a cantidade dun millón cincocentos noventa e dous mil seiscentos oitenta e tres euros (1.592.683 euros).

A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia dedicará os fondos transferidos a financia-los investimentos na contía dun millón cincocentos noventa e dous mil seiscentos oitenta e tres euros (1.592.683 euros).

O instituto reserva para si a facultade de non financiar aquelas actuacións do proxecto de desenvolvemento que considere non adecuadas paro os fins do convenio de colaboración específico ou cando a súa posterior execución non sexa conforme o proxecto.

Terceiro.

1. As achegas realizaranse con cargo ós orzamentos do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras para o ano 2001, aplicación orzamentaria 24.101.741A.751 ou, se é o caso, ós da anualidade correspondente, con suxeición á existencia de crédito e habilitación legal para iso.

2. O instituto transferirá os fondos á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia do modo seguinte:

2.1. O 25% do importe do proxecto de acondicionamento do eixe Ordes autoestrada A-9 no ano 2001, cando se producise a adxudicación da obra obxecto do investimento.

2.2. O 50% do importe do devandito proxecto no ano 2002, cando a súa execución se efectuase en igual porcentaxe, tendo recibido os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado ós fondos.

2.3. O 25% restante no ano 2003, cando se executase a totalidade do devandito proxecto, tendo recibido os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado ós fondos.

Xunto co anterior, será preciso presenta-la memoria de execución e o informe ós que fai referencia a cláusula quinta do protocolo de colaboración.

Se a Comunidade Autónoma acredita a necesidade de realizar actuacións avaliables economicamente con carácter previo á adxudicación da obra, poderase anticipa-lo seu custo ata un máximo do 10% do financiamento deste proxecto antes da devandita adxudicación. Neste caso, aboarase a porcentaxe restante ata o 25% á adxudicación da obra.

3. As modificacións que superen a achega económica fixada no punto 2º deste convenio de colaboración específico para financia-las actuacións previstas na súa execución formalizaranse, se é o caso, mediante addenda, cumprindo os trámites legalmente esixidos e logo de informe da comisión de seguimento e avaliación.

Cuarto.-Este convenio ten natureza administrativa, e o réxime xurídico aplicable a este é o establecido no título I da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. En materia de interpretación, modificación

e resolución en xeral das cuestións non recollidas no devandito protocolo, aplicaranse as normas de dereito administrativo, cando así sexa necesario.

Quinto.-A execución das actuacións que se recollen no punto primeiro deberá ter lugar no prazo de tres anos desde a sinatura deste convenio. A xustificación das devanditas actuacións deberá producirse dentro dos catro meses seguintes á finalización da execución. Non obstante, o devandito prazo poderá ser ampliado polas entidades asinantes, logo de petición da comisión mixta de seguimento e avaliación, cando algunha circunstancia sobrevida así o aconselle e formalizándose para tal efecto. En caso de que a dita ampliación de prazo supuxera modificación da distribución do gasto en anualidades, será sometida ós preceptivos actos de fiscalización e aprobación.

E en proba de conformidade, asinan os intervenientes no lugar e data indicados no encabezamento.

José Folgado Blanco, presidente do Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento das Comarcas Mineiras. Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Industria e Comercio.