Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.022

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de febreiro de 2002 pola que se convocan axudas ás universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como no nacional e internacional.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro), transferiulle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril).

A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia, determina a constitución do Sistema Universitario de Galicia con tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pretende continuar, dentro das súas competencias, coa política de axudas a organismos e institucións que organicen actividades de proxección universitaria, por entender que, no desenvolvemento destas actividades, se produce o encontro de recoñecidos e prestixiosos expertos nas cuestións que se tratan. Ademais, o intercambio de ideas e coñecementos que se xera é de utilidade pública, aspecto este que a Xunta de Galicia, como organismo público, debe promover.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócanse axudas a universidades galegas para a organización de congresos, simposios e xornadas que favorezan a proxección universitaria, tanto no ámbito local como no nacional e internacional.

Artigo 2º.-Orzamento.

Para a concesión das axudas, convocadas na presente orde, destinarase a cantidade total de 45.617 euros, para o que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria 07.05.322C.440.2, de acordo co disposto no Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orza

mentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001, para o exercicio de 2002. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá amplia-lo prazo ou facer pública unha nova convocatoria no suposto de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito orzado.

As cantidades antes citadas poderán incrementarse no momento que sexan aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2002.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1. Poderán optar a estas axudas, a través das universidades galegas, os seus centros, departamentos, institutos ou órganos individuais ou colexiados, que realicen actividades que poidan ser obxecto desta axuda na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A suma das axudas, concedidas por outros organismos públicos e privados, non poderá supera-lo custo total do montante da organización.

3. As axudas concedidas consideraranse individualmente por proxectos presentados, nunca por universidade solicitante, de tal xeito que cada universidade pode recibir máis dunha axuda segundo o número de proxectos aprobados e subvencionados.

Artigo 4º.-Período.

As actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro do 2002.

Artigo 5º.-Solicitudes.

1. As solicitudes, segundo o modelo que se publica como anexo á presente orde, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a presentación de instancias. Se no uso deste dereito, a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de que proceda á súa certificación.

2. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

-NIF da universidade.

-Memoria explicativa das actividades que se pretenden realizar, indicando o número de asistentes previstos ou que xa participaron no caso de terse

celebrado a actividade, ámbito territorial e social destas e relación prevista de conferenciantes invitados.

-Orzamento previsto de gastos e ingresos da actividade.

-Documento no que se especifiquen as axudas solicitadas ou concedidas por outros organismos públicos ou privados.

-Documento no que se especifique a axuda que solicita da Dirección Xeral de Universidades.

-Circulares e/ou trípticos informativos dando publicidade ó evento.

-Documento facilitado pola entidade bancaria na que conste o código de conta cliente da universidade correspondente.

3. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG, ata o 30 de marzo de 2002.

Artigo 6º.-Comisión de avaliación.

A selección dos candidatos será realizada por unha comisión de avaliación integrada por:

* Presidente: o director xeral de Universidades ou, por delegación, o subdirector xeral de Universidades.

* Vocais:

-Pola Universidade de Santiago de Compostela, o vicerrector competente na materia.

-Pola Universidade da Coruña, o vicerrector competente na materia.

-Pola Universidade de Vigo, o vicerrector competente na materia.

-Un representante do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario.

* Secretario: un representante da Dirección Xeral de Universidades, que actuará con voz e voto.

En caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. Os servicios da Dirección Xeral de Universidades comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das

súas delegacións provinciais, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de Profesorado das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Ourense, Lugo e Pontevedra e en Internet no enderezo http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxu/pub/bol.htm.

Esta lista estará exposta do 10 ó 20 de abril de 2002, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que o interesado desiste da súa petición logo de resolución, nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A comisión avaliadora elaborará a relación de institucións beneficiarias, segundo os criterios de valoración que se detallan a seguir:

a) Importancia e interese científico e universitario das actividades propostas no proxecto presentado, con especial valoración dos proxectos que contribúan á proxección universitaria.

b) Ámbito territorial do proxecto.

3. Efectuada a selección pola comisión esta elevará, a través da Dirección Xeral de Universidades, un informe-proposta ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá resolución na que figure a relación de beneficiarios, unha lista de reserva e as solicitudes excluídas coas causas de exclusión.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 8º.-Pagamento.

Unha vez concedida a subvención librarase a cantidade adxudicada de acordo co disposto no Decre

to 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001, para o exercicio de 2002:

1. Se a subvención concedida non supera o importe de 6.010 euros poderá acordarse un primeiro pagamento do 80% no momento da concesión e un segundo pagamento do 20% restante, no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e condicións establecidas na presente orde.

2. Se a subvención concedida supera o importe de 6.010 euros poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, ata un máximo do 80% da subvención concedida.

Artigo 9º.-Xustificación.

No prazo de 10 días naturais desde o remate da actividade ou desde a publicación da resolución, no caso de terse celebrado a actividade antes da súa publicación, os beneficiarios deberán presentar na universidade correspondente a seguinte documentación xustificativa:

a) Certificación de gastos e ingresos e memoria na que xustifiquen o cumprimento da finalidade e condicións para os que foi concedida a subvención.

b) Certificación do destino que se lle dá á axuda concedida pola Dirección Xeral de Universidades.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución.

No prazo de 15 días seguintes á finalización do evento ou desde a publicación da resolución, no caso de terse celebrado antes da publicación dela, a universidade correspondente remitirá á dirección xeral certificación na que conste que a actividade solicitada foi realizada e xustificada.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. Os beneficiarios quedarán obrigados a destina-la subvención ó obxecto concreto para o que foi concedida. As universidades deberán comunicar á Dirección Xeral de Universidades calquera modificación da actividade. A dirección xeral poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos.

2. Os beneficiarios da subvención farán constar en toda a publicidade xerada pola actividade subvencionada que recibiron unha subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Universidades, utilizando a nor

mativa da imaxe corporativa da Xunta de Galicia e cumprindo coa normativa vixente esixida para o depósito legal.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para este fin.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto na Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, que modifica o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Dirección Xeral de Universidades de acordo coa lista de reserva que se estableza na resolución.

Cuarta.-Se por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora teña que examina-las solicitudes, algúns dos compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto se nomee. O dito nomeamento deberá recaer noutra persoa da dirección xeral ou da universidade correspondente en virtude da súa representación.

Quinta.-Para os efectos establecidos no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e axudas públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de seis meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG, producindo efectos desestimatorios a falta de resolución.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Universidades para dicta-las resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria