Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización das obras incluídas no proxecto de rexeneración do leito e recuperación ambiental das ribeiras do río Sarela.

Tipo de licitación: 30.781.747 pesetas (185.002,03 A) IVE incluído.

Prazo de execución: 6 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Clasificación do contratista: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais,

contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo nº 12 local 4. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: os sinalados no artigo 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe, definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

O alcalde

Rubricado