Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación inicial.

Por decreto da Alcaldía, do 18 de xaneiro de 2002, adoptouse a seguinte resolución:

Vistos os proxectos de delimitación de unidade de actuación, estudio de detalle e proxecto de compensación, sitos en Vertín-Mondego, presentados por Enrique e Juan Suárez Pena e redactados polo arquitecto Jorge Zapata Blanco; e vistos, así mesmo, os informes existentes no expediente, esta alcaldía, ó abeiro do disposto no artigo 21.1º j) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVE:

Primeiro.-Aprobar inicialmente os devanditos instrumentos urbanísticos, significándolles ós señores promotores que deberán urbaniza-la totalidade da vía proxectada, cun largo de 8 m, co fin de cumpri-las previsións recollidas na documentación gráfica das normas subsidiarias de planeamento.

Segundo.-Consonte o disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, abrir un período de información pública, polo espacio dun mes, logo de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior circulación da provincia, e con notificación individualizada ós interesados no expediente, co fin de que poidan presentar reclamacións e suxestións. O devandito prazo computarase a partir da última publicación ou notificación efectuada.

Esta notificación producirá os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Sada, 18 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado