Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2002 pola que se fai pública a cédula do 22 de febreiro de 2002 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador coa clave 21/2001, devolta polo servicio de correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalarán a seguir, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Ribeira, a proposta de resolución do expediente sancionador que se cita, por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de

novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de Portos do Estado e da Mariña Mercante, en relación co artigo 17 do Regulamento de servicio e policía dos portos, aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, no Diario Oficial de Galicia ou á exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ribeira, para que poida examina-lo expediente nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia sito na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes ante o instructor do procedemento, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo-DOG nº 228, do 28 de novembro), e en virtude do disposto na resolución da presidencia de Portos de Galicia do 15 de febreiro de 2002 pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se designa un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que ten o director, posto actualmente vacante, é o xefe da área de planificación e explotación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta nº 0049-6755-64-2116034531 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2002.

P.A.

Jesús J. Fernández Barro

Instructor

Xefe U. III Área Planificación e Explotación

ANEXO

Expediente: sanc. 21/2001.

Matrícula: C-7963-AM.

Denunciante: celador do porto.

Denunciado: Andrés Fernández López.

Último enderezo coñecido: Carreira (Canilla), 15960 Ribeira (A Coruña).

Feito denunciado: estacionamento prohibido.

Data: 6-7-2001.

Hora: 12.45 horas.

Porto: Ribeira.

Precepto infrinxido: artigo 114.1º.a) Lei 27/1992. Artigo 17 O.M. 15-6-1976.

Precepto sancionador: artigo 120.1º Lei 27/1992.

Sanción proposta: 180,3 euros.