Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-01/202 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, ás alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examina lo, no Servicio Técnico Jurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 6 de febreiro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-01/202.

Denunciado: Vicente Ballesteros Giménez.

Último enderezo coñecido: rúa Coruña, 64, 4º E-F, 36208 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros (50.000 ptas.).