Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.955

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INCOLSA-TURISMO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONTRATACIÓN de persoal para Información e Comunicación Local, S.A.-Turismo de Santiago de Compostela.

Normas xerais aplicables a tódalas prazas desta convocatoria:

1. Os interesados deben enviar por correo certificado, con data límite de envío 9 de marzo, currículum vitae, con fotografía tamaño carné, e documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os méritos achegados, a Incolsa-Turismo de Santiago de Compostela; Rúa do Vilar, 63, 15705 Santiago de Compostela, indicando no sobre referencia.

2. Con carácter previo á realización das probas practicarase unha preselección dos candidatos tendo en conta a acreditación fidedigna da posesión dos requisitos necesarios, conforme o descrito no punto 2 de cada posto.

3. A lista de aspirantes admitidos será exposta en Incolsa-Turismo de Santiago de Compostela ós dous días laborables seguintes ó do remate do prazo de recepción de solicitudes.

Postos que se van cubrir:

A. Un/ha auxiliar para oficinas de información turística. Ref.: información-descontinuo.

1. Duración do contrato.

-Fixo descontinuo.

-Incorporación inmediata.

2. Requirimentos.

2.1. Indispensables.

-Bacharelato, ou FP II.

-Galego, castelán, inglés e francés, ou inglés e alemán.

-Experiencia en tarefas de información turística de, polo menos, un ano.

2.2. Valorables.

-Coñecemento doutras linguas.

-Capacidade de atención ó público.

-Outras titulacións.

3. Procedemento de selección.

1ª fase (eliminatoria):

-Proba de idiomas: ata 5 puntos (mínimo 3 puntos).

-Manexo de ordenador: ata 2 puntos (mínimo 1 punto).

-Test de coñecementos de recursos turísticos: ata 5 puntos (mínimo 3 puntos).

2ª fase:

-Entrevista persoal coa comisión de selección: ata 3 puntos.

B. Dous/dúas auxiliares para oficinas de información turística. Ref.: información.

1. Duración do contrato.

-Indefinido.

-Incorporación inmediata.

2. Requisitos.

2.1. Indispensables.

-Bacharelato, ou FP II.

-Galego, castelán, inglés e francés, ou inglés e alemán.

-Experiencia en tarefas de información turística de, polo menos, un ano.

2.2. Valorables.

-Coñecemento doutras linguas.

-Capacidade de atención ó público.

-Outras titulacións.

3. Procedemento de selección.

1ª fase (eliminatoria):

-Proba de idiomas: ata 5 puntos (mínimo 3 puntos).

-Manexo de ordenador: ata 2 puntos (mínimo 1 punto).

-Test de coñecementos de recursos turísticos: ata 5 puntos (mínimo 3 puntos).

2ª fase:

-Entrevista persoal coa comisión de selección: ata 3 puntos.

C. Un/ha técnico/a para a área de comunicación. Ref.: comunicación.

1. Duración do contrato.

-Fixo, a tempo parcial.

-Incorporación inmediata.

2. Requisitos.

2.1. Indispensables.

-Licenciatura en CC. da comunicación, xornalismo, ou publicidade e relacións públicas.

-Experiencia en postos similares de, polo menos, dous anos en departamentos de comunicación.

2.2. Valorables.

-Coñecemento de idiomas.

-Manexo de ordenador (Word, Excel, Access).

-Capacidade de organización e comunicación.

3. Procedemento de selección.

1ª fase:

-Valoración do currículo: ata 3 puntos.

-Proba de aptitudes e ordenador: ata 5 puntos (mínimo 3 puntos): inglés 20%, proba técnica 60% e ordenador 20%.

2ª fase:

-Entrevista persoal coa comisión de selección: ata 2 puntos.

D. Un/ha técnico/a en novos productos turísticos. Ref.: novos productos.

1. Duración do contrato.

-Indefinido.

-Incorporación inmediata.

2. Requisitos.

2.1. Indispensables.

-Técnico de empresas e actividades turísticas, técnico superior de información e comercialización turísticas, ou diplomado en márketing.

-Experiencia en postos similares de, polo menos, dous anos en departamentos de mercadotecnia.

2.2. Valorables.

-Coñecemento de idiomas.

-Manexo de ordenador (Word, Excel, Access).

-Capacidade organizativa e de relación co público.

3. Procedemento de selección.

1ª fase:

-Valoración do currículo: ata 3 puntos.

-Proba de aptitudes e ordenador: ata 5 puntos (mínimo 3 puntos): inglés 20%, proba técnica 60% e ordenador 20%.

2ª fase:

-Entrevista persoal coa comisión de selección: ata 2 puntos.

David Villar Alonso

Director-xerente de Información

e Comunicación Local, S.A.