Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

BASES da convocatoria para cubrir como funcionario de carreira unha praza de cabo da policía municipal do Concello de Vimianzo.

Convocatoria ingreso. Procedemento de oposición libre.

Primeira.-Obxecto e características da praza.

É obxecto destas bases regula-la selección por oposición libre, para cubrir unha praza de cabo da policía local do Concello de Vimianzo, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares, pertencentes ó grupo D, consonte co disposto no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, en relación coa disposición adicional 2ª, do R.D. 861/1986, do 2 de abril e artigo 22.2º da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación dos policías locais.

O número de prazas convocadas dentro da escala executiva da policía local, posto de cabo, é de unha.

Esta praza está vacante no cadro de persoal do Concello de Vimianzo e incluída na oferta de emprego público para o exercicio 2001.

Terá asignadas as retribucións ó grupo D, cos demais complementos que correspondan de acordo coa lexislación vixente e segundo o determinado no catálogo de postos de traballo. O complemento de destino asignado é o correspondente ó nivel 16.

Segunda.-Lexislación aplicable.

O procedemento selectivo de oposición libre establecido, desenvolverase de acordo co previsto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aprobou o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas urxentes para a reforma da función pública, Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo R.D. 364/1995, do 10 de marzo, Lei 4/1988, do 26 de marzo, da función pública de Galicia e as súas normas de desenvolvemento, o acordo regulador-convenio colectivo dos funcionarios e traballadores do Concello de Vimianzo, publicado no

BOP nº 89, do 17 de abril de 2000; así como as normas recollidas nas presentes bases. En particular a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais, así como o Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de policías locais.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitido/a á realización das probas, os aspirantes deberán reunir, ademais das condicións de capacidade establecidas nas bases xerais da convocatoria, os seguintes requisitos:

a) Ser español/a.

b) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

c) Ter cumpridos 18 anos e non pasar da idade legal de xubilación.

d) Ser titular dos permisos de conducir das clases A e B con BTP.

e) A altura mínima esixida será de 1,70 m, para os aspirantes masculinos e de 1,65 m para as aspirantes femininas.

f) Acredita-la aptitude física coa presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que reflicta o certificado médico.

g) Presentar unha declaración xurada e por escrito do compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar á súa utilización.

h) Non estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas nin separado/a do servicio ás administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

Cuarta.-Presentación de solicitudes.

4.1. Os que desexen tomar parte no procedemento selectivo desta praza de funcionario de carreira presentarán solicitude no modelo oficial, que figura no anexo III a estas bases, e que se facilitará nas dependencias municipais. Na solicitude manifestarán que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria e comprometeranse, no caso de obte-la praza, a prestar xuramento ou promesa de conformidade co R.D. 70/1979.

4.2. As solicitudes dirixiranse ó alcalde-presidente da corporación municipal, e presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

4.3. As instancias tamén se poderán presentar na forma prevista no artigo 38, puntos 4º e 6º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.4. Os dereitos de participación neste proceso fíxanse na contía de 72,12 euros, que deberán ingresarse na tesourería municipal. O xustificante do pagamento de tales dereitos xuntarase á instancia presentada. Así mesmo, acompañarase igualmente dunha fotocopia compulsada do DNI e dúas fotos tamaño carné.

4.5. Achegarase igualmente á solicitude o certificado médico reflectido no anterior punto (3.f), e unha declaración xurada do compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas.

Quinta.-Admisión de aspirantes.

5.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. alcalde-presidente do Concello de Vimianzo dictará resolución na que:

-Declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Nela constará o nome, apelidos e DNI dos aspirantes. Se houbera aspirantes excluídos, indicarase a causa de exclusión e o prazo de rectificación, emenda ou mellora da solicitude que se lles conceda, no caso de ser posible de acordo co previsto no artigo 71, da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Se non houbera reclamacións contra a lista, quedará elevada automaticamente a definitiva.

-Se nomeen, conforme as presentes bases, as persoas que compoñen o tribunal avaliador.

-Se determine o lugar, data e hora de constitución do tribunal e comezo do proceso avaliador.

5.2. Esta resolución publicarase no BOP e servirá de emprazamento para os aspirantes.

Os sucesivos anuncios, agás precepto en contrario, publicaranse no taboleiro de edictos do concello.

Sexta.-Composición, constitución e actuación do tribunal de selección.

6.1. De conformidade co establecido no artigo 4 do Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de combinación de policías locais, en relación co R.D. 896/1991, do 7 de xuño (disposición adicional 3ª), a composición do tribunal será a seguinte:

Presidente:

-Alcalde-presidente ou concelleiro no que delegue.

Vocais:

-Un representente da Xunta de Galicia, designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais da policía local de Galicia.

-Un funcionario de carreira designado polo alcalde-presidente.

-Dous funcionarios de carreira representantes das forzas sindicais máis representativas no concello.

-Un funcionario de carreira pertencente á Administración local, proposto polo concelleiro-delegado da área de persoal.

Secretario:

-O secretario da corporación municipal de Vimianzo ou funcionario no que delegue.

6.2. Por cada membro do tribunal nomearase un suplente coa mesma procedencia que o correspondente titular.

6.3. Baixo proposta, se é o caso, dos órganos correspondentes, o nomeamento dos membros do tribunal efectuarase por resolución da alcaldía.

6.4. O tribunal avaliador non poderá constituírse, nin actuar sen a presencia de máis da metade, isto é, a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

O tribunal avaliador constituirase no lugar, data e hora e coa composición sinalada na resolución reflectida na base número cinco das presentes bases.

6.5. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir e así llo deberán comunicar ó alcalde-presidente, cando concorra algún dos motivos previstos no artigo 28, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (LRX-PAC), e nas demais disposicións aplicables ó caso. Poderán ser recusados polos aspirantes, baseándose nos mesmos motivos e de conformidade co previsto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

6.6. A alcaldía-presidencia poderá solicita-lo asesoramento dos expertos ou especialistas que determine. Así mesmo, o tribunal, se o estima preciso ou conveniente poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores ou especialistas que actuarán como colaboradores do tribunal exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas.

6.7. O tribunal, na súa actuación, axustarase ó establecido nas presentes bases; no non diposto, seralle de aplicación a normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, como na demais normativa de concordante aplicación.

Para os efectos de asistencia, os compoñentes dos tribunais que actúen nestas probas terán a categoría cuarta, de conformidade co que dispón o artigo 33 do R.D. 236/1988, do 4 de marzo.

Sétima.-Probas selectivas.

Primeira.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirán nun recoñecemento médico emitido por médico especialista en cada materia, no que se avaliará se nos aspirantes concorren algunhas das causas de exclusión que figuran no anexo II destas bases. Esta proba cualificarase como apto ou non apto.

Nesta proba os aspirantes achegarán certificado expedido por especialista, cunha antigüidade non superior ós 15 días, que acredite que nos aspirantes non concorren as causas de exclusión establecidas no anexo II. O tribunal poderá solicitar o asesoramento de experto en saúde integrado no Colexio

Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, para analiza-los informes achegados e, se fose o caso, efectuar probas complementarias aplicando as técnicas médicas de uso convencional.

Nesta proba tamén se incluirán as oportunas medicións e os que non acaden as medidas esixidas serán eliminados.

Segunda.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na realización dos exercicios físicos que a seguir se relacionan. Para o desenvolvemento destes exercicios os aspirantes deberán comparecer provistos de roupa deportiva.

Probas físicas.

Deberán realizarse os seguintes exercicios:

1. Salto de altura vertical de 45 cm para os homes e de 35 cm para as mulleres. Este primeiro exercicio físico avalíase cun apto ou non apto.

2. Flexións de brazos en barra horizontal. As palmas das mans á fronte, cunha separación entre elas similar ó ancho dos ombros. Partirase sempre desde a posición dos brazos estirados, superando a barra co queixo.

Táboa de puntuacións.

PuntosForza flexora

(repeticións) homes

Forza flexora

(repeticións) mulleres

101210

9119

8108

797

686

575

3. Salto de lonxitude en carreira.

Táboa de puntuacións.

PuntosMetros homesMetros mulleres

104,54,3

94,44,2

84,34,1

74,24

64,13,9

543,8

4. Velocidade: percorre-la distancia de 100 metros superficie lisa, plana e dura, puntuable segundo esta táboa de puntuacións (100 metros lisos).

PuntosTempo homesTempo mulleres

1013''15''

914''16''

815''17''

716''18''

PuntosTempo homesTempo mulleres

617''19''

518''20''

5. Proba de resistencia aeróbica. Consiste en realizar unha carreira de 1.000 metros sobre superficie lisa, plana e dura.

Carreira 1.000 metros lisos.

PuntosTempo homesTempo mulleres

103''3' 20''

93' 10''3' 30''

83' 20''3' 40''

73' 30''3' 50''

63' 40''3' 60''

53' 50''3' 70''

Regras comúns a tódalos exercicios físicos.

* Para executar estes exercicios os aspirantes disporán de dous intentos, excepto no exercicio de resistencia aeróbica (1.000 metros lisos).

* Os aspirantes deben realizar tódolos exercicios e obter como mínimo cinco puntos en cada un deles, agás no 1º exercicio (salto vertical), no que deberá obterse a cualificación de apto. Os aspirantes que non acaden a puntación mínima de 5 puntos, nos outros 4 exercicios físicos serán declarados non aptos.

Superadas os distintos exercicios, a cualificación de cada un deles obterase pola media aritmética da puntuación outorgada por cada membro do tribunal que asista. A cualificación final desta segunda proba será apto/non apto. Á puntuación media desta proba, obtida por cada aspirante apto, aplicaráselle o réxime previsto na base oitava.

Terceira.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar un test de personalidade, con entrevista incluída, encamiñado a determinar se o/a aspirante reúne os requisitos de aptitude persoal necesarios para o desempeño da función policial. A valoración será de apto/non apto. Esta proba, con supervisión do tribunal, será feita por gabinete especializado e de recoñecida solvencia.

Cuarta.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito a dous temas sacados á sorte de entre os comprendidos no programa anexo I, un da parte xeral e outro da específica, nun tempo máximo de dúas horas.

Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superala.

Quinta.-De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar a 40 preguntas curtas, relacionadas coa xeografía, toponimia, núcleo de poboación, rúas, aldeas, monumentos, espacios protexidos ou especialmente tutelados do termo municipal (...).

Estas preguntas serán postas polo tribunal inmediatamente antes do comezo desta proba.

Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos para superala.

Sexta.-De carácter obrigatorio e eliminatorio: consistirá na redacción dun ou varios supostos prácticos (atestado, parte ou documento referente a problemas de circulación, rodaxe, infraccións de ordenanzas, bandos, etc.).

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas horas. Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario acadar 5 puntos para superala.

Sétima.-De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario integrado por 20 preguntas tipo test con respostas múltiples, e sendo só unha delas a correcta, nas que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega, nun tempo máximo de vinte minutos, sen axuda de diccionario.

Esta proba cualificarase cun máximo de 2 puntos, estando comprendido entre 0 e 2 o número de puntos que poida outorgar cada membro do tribunal. Non terá carácter eliminatorio, pero a puntuación sumarase á obtida nas restantes probas para os efectos de determina-la puntuación total acadada, consonte coa base oitava número II).

Oitava.-Avaliación das probas.

I) Nas probas que preceden a súa avaliación obterase pola media aritmética da puntuación outorgada por cada un dos membros do tribunal asistentes.

II) A cualificación definitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas, en cada unha das anteriores probas.

III) Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberá transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

As probas físicas tentarán realizarse nunha mesma xornada.

De todo o actuado levantarase, de xeito razoado, unha acta que se elevará á alcaldía, xunto coa identificación do/a aspirante que se propoña como aprobado.

O tribunal non poderá, en ningún caso, propoñer máis aspirantes como aprobados que o número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobado que contradiga este mandato será nula de pleno dereito.

Novena.-Presentación de documentos.

9.1. No prazo máximo de 20 días naturais contados desde a notificación fiel da proposta de resolución, efectuada polo tribunal avaliador da oposición, o aspirante proposto como elixido ou seleccionado nesta fase de oposición deberá achega-la documentación acreditativa de que reúne os requisitos esixidos na

convocatoria, nos termos reflectidos na precedente base terceira.

9.2. Se o aspirante proposto tivera a condición de funcionario público de carreira estará eximido de xustificar documentalmente as condicións ou requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento; neste caso deberá presentar certificado do organismo do que dependa, acreditando a súa condición de funcionario e cantas condicións ou circunstancias consten no seu expediente persoal.

Se a persoa elixida nesta fase de oposición non presenta a documentación requirida no prazo preceptuado, agás causa de forza maior ou caso fortuíto, non poderá ser nomeado/a funcionario/a en prácticas; sen prexuízo da responsabilidade na que puidera ter incorrido por falsidade na solicitude.

Décima.-Resolución da fase de oposición e nomeamento de funcionario en prácticas.

10.1. Presentada a documentación sinalada no punto anterior e tendo en conta a proposta efectuada polo tribunal avaliador, a alcaldía-presidencia dictará resolución motivada referente a esta fase de oposición, de conformidade co dedidido polo tribunal avaliador.

En todo caso, a resolución desta oposición será motivada con referencia ó cumprimento das normas regulamentarias e das bases da convocatoria.

10.2. O aspirante seleccionado/a será nomeado/a funcionario en prácticas, consonte co previsto no artigo 6 do Decreto 204/2000, do 21 de xullo, polo que se refunde a normativa vixente en materia de coordinación de polícias locais. Deberá tomar posesión como funcionario en prácticas no prazo máximo de 20 días contados desde a notificación de resolución de nomeamento de funcionario en prácticas.

Décimo primeira.-Curso selectivo de formación.

11.1. De acordo co establecido na Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais, e no Decreto 204/2000, do 21 de xullo, o funcionario nomeado en prácticas deberá superar un curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, que estará integrado polas disciplinas e actividades establecidas para esta categoría de cabo.

11.2. Durante o período de permanencia nese curso o aspirante percibirá, con cargo ó orzamento desta entidade local, as retribucións que a normativa vixente estableza para os funcionarios en prácticas.

11.3. O aspirante que non supere o curso de formación poderá repetilo nunha segunda convocatoria. De non superalo nesa segunda convocatoria perderá tódolos dereitos á praza.

Décimo segunda.-Nomeamento como funcionario de carreira.

12.1. Superado o período de formación na Academia Galega de Seguridade e expedido o documento que oficialmente o acredite, o aspirante seleccionado

será nomeado funcionario de carreira titular da praza de cabo de policía local do Concello de Vimianzo.

12.2. Unha vez efectuado este nomeamento deberá tomarse posesión, no prazo máximo de 20 días naturais, contados desde a súa notificación. Neste intre deberá darse cumprimento á Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidade.

Décimo terceira.-Impugnación.

13.1. Contra as presentes bases poderán interpoñe-las persoas lexitimadas directamente recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación das mesmas. Isto sen prexuízo dos recursos que se poidan formular contra a resolución da alcaldía-presidencia aprobatoria delas.

En calquera caso, as persoas lexitimadas poderán formular calquera outra acción que estimen procedente.

13.2. Contra as restantes resolucións e actos de trámite poderán os interesados formular reclamacións nos casos e nas formas establecidas pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O tribunal queda autorizado para aclara-las dúbidas que xurdan na interpretación destas bases no eido da súa aplicación ó proceso avaliador, así como para tomar os acordos necesarios para o seu bo desenvolvemento, determinando o modo de proceder, nos casos non previstos.

Segunda.-Publicidade.

-As presentes bases serán obxecto de publicación íntegra no BOP e no DOG.

-O anuncio da convocatoria efectuarase no BOE e tamén no DOG («ex», artigo 233.3º da Lei 6/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia).

-O prazo para presentar solicitudes contarase desde a publicación da convocatoria no BOE.

-O nomeamento de funcionario en prácticas publicarase no BOP e no DOG.

-O nomeamento de funcionario de carreira titular da praza obxecto destas bases efectuarase no boletín oficial que proceda, e en todo caso, no BOP e no DOG.

-Os restantes anuncios relacionados coa convocatoria regulamentada nestas bases publicaranse no taboleiro de edictos do Concello de Vimianzo.

Terceira.-No non previsto nestas bases rexerá de modo complementario e supletorio a lexislación de réxime local, da Comunidade Autónoma e estatal.

ANEXO I

Programa da praza de cabo da policía local do Concello de Vimianzo. Selección por oposición libre.

A) Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Características, estructura. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantías dos dereitos e suspensión deles.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo. O poder executivo. O poder xudicial. Relación entre poderes.

Tema 4. A organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. Especial referencia ó Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 5. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 6. O municipio. Organización e competencias.

Tema 7. A función pública local. Clases de funcionarios. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 8. A intervención administrativa local na actividade privada. Especial referencia a licencias. Protección de legalidade urbanística.

B) Parte especial.

Tema 1. Organización e funcións dos corpos e forzas de seguridade en España. Especial referencia ás policías locais.

Tema 2. A Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais e disposicións concordantes. As competencias da policía local en canto policía xudicial, administrativa e de seguridade.

Tema 3. O tráfico: a súa ordenación legal. A Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial. Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación e as súas competencias.

Tema 4. Normas xerais de circulación. Sentido de circulación. Parada, posta en marcha e marcha atrás. Preferencia de paso. Vías de reparación. Detención e estacionamento. Carga e descarga.

Tema 5. Circulación urbana. Normas xerais. Circulación de peóns, bicicletas e ciclomotores. Circulación de animais e vehículos de tracción animal.

Tema 6. Circulación de automóbil. Clasificación. Requisitos administrativos e técnicos. Medidas precautorias no Código de Circulación en relación con vehículos mal estacionados. Circulación de tractores agrícolas.

Tema 7. Transporte de viaxeiros e mercadorías. Estudio dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade vial e na lexislación de transportes. O transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamentación especial.

Tema 8. Alcoholemia. Estudio especial dos preceptos contidos na normativa de seguridade vial.

Tema 9. Iluminación e sinalización óptica de vehículos. Clasificación e utilización. Vías públicas. Clases e sinalización.

Tema 10. Sinais de circulación. Concepto e características. Clases. Prelación dos sinais de circulación.

Tema 11. Accidentes de tráfico. Concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas.

Tema 12. Tráfico e policía municipal. Denuncia de infraccións. A potestade sancionadora e procedemento sancionador. Investigación de accidentes. Atestados.

Tema 13. A seguridade cidadá. A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Tema 14. Deontoloxía policial. Organización da policía local. Comunicación e comportamento grupal.

Tema 15. A dirección no ámbito policial. O traballo en equipo. Constitución, formación e desenvolvemento de grupos de traballo na policía local.

Tema 16. Ordenanzas municipais (I). Ordenanzas fiscais nº 10, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, entullo, valos de protección, puntais, cabaletes, estadas e outras instalacións análogas; nº 13, reguladora da taxa por postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público e industrias da rúa e ambulantes, e rodaxe cinematográfica; e nº 14, reguladora da taxa por entrada de vehículos desde a vía pública ós edificios, locais e soares e das reservas de vía pública para aparcamento, carga, descarga e outras actividades en interese particular.

Tema 17. Ordenanzas municipais (II). Ordenanzas fiscais nº 19, reguladora da taxa por depósito, carga e transporte de madeira de corta e outros materiais; nº 20. Ordenanza reguladora da venda ambulante en mercado ambulante no Concello de Vimianzo.

ANEXO II

Cadro de exclusións médicas.

1. Talle.

Estatura mínima: 1,70 metros os homes e 1,65 as mulleres.

2. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifesta que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Este punto avaliarase a través do índice peso ideal=1,75 (talle en centímetro -150) + 50, non debendo o peso do/a aspirante desviarse un 20 por 100 do ideal.

3. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas, activas no momento do recoñecemento, que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desenvolvemento das funcións policiais. Nestes casos poderase, en función do proceso de selección e da

natureza da enfermidade, sinalar un novo prazo de recoñecemento.

4. Exclusións definitivas.

4.1. Ollo e visión.

4.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal nos dous ollos.

4.1.2. Queratolomía radial.

4.1.3. Desprendemento de retina.

4.1.4. Estrabismo.

4.1.5. Hemianopsias.

4.1.6. Discomatopsias.

4.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo dos especialistas do tribunal médico dificulte, de xeito importante, a agudeza visual.

4.2. Oído e audición.

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

-Vertixe.

4.3. Outras exclusións.

4.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o densenvolvemento das funcións policiais, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

4.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastroduodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desempeño do posto de traballo.

4.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo supera-las cifras en repouso os 145 mm/Hg, en presión sistólica, e os 90 mm/Hg, en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

4.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, ou pneumotórax espontánea ou (en máis dunha ocasión) a tuberculose pulmonar activa ou outros procesos do aparello respiratoiro que dificulten o desenvolvemento da función policial.

4.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías ou outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

4.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

4.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose ou calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

ANEXO III

Solicitude

Para tomar parte no proceso selectivo para a provisión por oposición libre, dunha praza de cabo da policía municipal.

«..., con DNI número..., veciño/a de..., con enderezo para efectos de notificación en..., teléfono nº....

Expón:

Que informado/a da convocatoria para a provisión dunha praza de policía municipal, co carácter de funcionario de carreira e polo sistema de oposición libre, publicada no BOE nº..., de data..., desexo participar na dita selección e con tal obxecto manifesto que:

1. Reúno todos e cada un dos requisitos da convocatoria.

2. Comprométome, no caso de obte-la praza, a prestar xuramento ou promesa de conformidade co R.D. 70/1979.

Igualmente e para que a presente solicitude sexa admitida a trámite, achego os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Dúas fotos tamaño carné.

c) Xustificante de ter ingresado na tesourería municipal os dereitos de exame por importe de 12.000 pesetas (72,12 euros).

d) Fotocopia compulsada do título de graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente.

e) Certificado médico no que se fai consta-lo establecido no punto 3.f) das bases da convocatoria.

f) Declaración xurada do compromiso de portar armas, e, se é o caso, chegar a utilizalas.

En..., o... de...de...

Alcalde-presidente do Concello de Vimianzo.

Vimianzo, 13 de febreiro de 2002.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde

Manuel Ángel Jove Losada

Secretario accidental