Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN de 25 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifican os trámites de audiencia da zona de concentración parcelaria de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña).

Pola presente resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase ós interesados que teñen os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran nos anexos I e II, a proposta de modificación que lles afecta en relación cos recursos de alzada interpostos por Manuel Castro Salvado e Juan Vilas López, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: José Mª Leborán Mosquera.

Domicilio: Gunín-Enfesta, 15884 Santiago de Compostela-A Coruña.

Texto: como consecuencia do recurso de alzada presentado por Manuel Castro Salvado, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e lle afecta a vde.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vde. manifesta-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente teno ó seu dispor durante o dito prazo nas oficinas do servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Tlf.:981 54 47 20.

O que lle notifico a vde.

O enxeñeiro técnico agrícola.

Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

Modificación que se propón:

Variar-la configuración do seu predio nº 529, quedando tras isto cunha superficie de 51-40 áreas e un valor de 328.175,00 puntos.

Xúntanse planos.

ANEXO II

Destinatario: Jesús Manuel Martínez Seoane.

Domicilio: Carreira do Conde nº 120 A-4º esqda. 15706-Santiago (Coruña)

Texto: como consecuencia do recurso de alzada presentado por Juan Vilas López, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela-A Coruña), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e lle afecta a vde.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vde. manifesta-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente teno ó seu dispor durante o dito prazo nas oficinas do servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Tlf.:981 54 47 20.

O que lle notifico a vde.

O enxeñeiro técnico agrícola.

Asdo.: Manuel Rodríguez Vázquez.

Modificación que se propón:

Detraer, da súa ficha de atribucións, o predio nº 1219; séndolle adxudicadas, en compensación, os predios:

-Nº 228-2 cunha superficie de 35-00 áreas e un valor de 122.500 puntos.

-Nº 435-2 cunha superficie de 30-00 áreas e un valor de 135.000 puntos.

Xúntanse planos.