Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.920

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 12 de febreiro de 2002 pola que se convoca o Premio das Letras e das Artes de Galicia.

Por medio do Decreto 288/1994, modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995, creouse o Premio das Letras e das Artes de Galicia. Este premio ten como finalidade a de recoñecer e recompensa-lo labor daquelas persoas que coa súa traxectoria creadora contribuíron á conservación, á expansión e ó engrandecemento da cultura galega en calquera campo desta.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócase o Premio das Letras e das Artes de Galicia correspondente a 2002 co fin de recoñecer e recompensa-los méritos daquelas persoas que dedicaron gran parte da súa actividade ás letras e ás artes en calquera das súas múltiples manifestacións, co resultado de engrandecemento e afirmación dos valores culturais de Galicia.

Artigo 2º

O premio estará dotado con trinta e seis mil euros (36.000 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353.A.640.1 dos orzamentos xerais da Comu

nidade Autónoma de Galicia para 2002, quedando condicionado á existencia de crédito adecuado e abondo para o seu financiamento.

Artigo 3º

1. O premio será indivisible, e non poderá concederse a título póstumo.

2. O premio pode ser declarado deserto.

Artigo 4º

1. A presentación dos candidatos poderá realizala calquera institución, fundación, academia, federación, asociación ou centro cultural ou de investigación, mediante escrito dirixido ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo modelo que figura como anexo da presente orde, ó que se xuntará o currículum do candidato.

2. O escrito e o currículum ó que se fai referencia no parágrafo anterior serán presentados no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nos rexistros das delegacións provinciais desta, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, antes do 15 de marzo do presente ano.

Artigo 5º

1. O premio dictaminarase o día 17 de maio, Día das Letras Galegas, nun acto institucional.

2. O xurado poderá convocar para este acto ata cinco finalistas.

Artigo 6º

Tódalas decisións do xurado serán inapelables.

Artigo 7º

As institucións, fundacións, academias, federacións, asociacións, centros culturais ou de investigación que propuxeren candidatos e non resultaren premiados poderán retira-la documentación presentada no prazo de trinta (30) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o dictame. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA