Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO.

En cumprimento do que dispón o artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, publícase a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 43/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación, en réxime de xestión indirecta mediante concesión administrativa de servicios públicos, dos servicios municipais mancomunados de recollida de residuos sólidos urbanos e recollida selectiva monomaterial de papel-cartón, correspondente ós concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós, integrados na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

c) Boletín de publicación do anuncio de licitación: BOP nº 185, do 13-8-2001; DOG nº 166, do 28-8-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon anual da concesión: 257.644,27 euros/ano (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 28-11-2001. b) Contratista: Congalle, S.L. c) Nacionalidade: española. d) Importe da adxudicación: 255.889,51 euros/ano, IVE incluído.

Verín, 31 de xaneiro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente