Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO.

En cumprimento do que dispón o artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, publícase a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 35/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración en lote único de dous vehículos tractores con rozadora para a prestación do servicio mancomunado de prevención e extinción de incendios forestais na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

c) Boletín de publicación do anuncio de licitación: BOP nº 241, do 19 de outubro e DOG nº 200, do 16 de outubro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 168.283,38 euros/ano (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 28-11-2001. b) Contratista: Talleres José Estévez As Ferreiras, S.L. c) Nacionalidade: española. d) Importe da adxudicación: 168.283,38 euros/ano, IVE incluído.

Verín, 31 de xaneiro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente