Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

Aprobado con carácter inicial pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de xaneiro de 2002, o proxecto de urbanización de iniciativa privada presentado e promovido por Francisco Romar Blanco, con domicilio na rúa Corredoira da Torre, nº 5 (Santa Comba), para o desenvolvemento da área de reparto, 24 (PNC-24) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado polo enxeñeiro de camiños, Pedro Quintáns Díaz, ó abeiro do artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico, sométese a información pública esta aprobación inicial para efectos de presentación de alegacións, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tirada da provincia, durante o prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santa Comba, 24 de xaneiro de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde-presidente