Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización parcial da rúa Pedro Sarmiento de Gamboa e zona verde lindante coa rúa Ponte Bolera.

A Comisión de Goberno, en sesión do 11 de febreiro de 2002, prestou aprobación, con carácter inicial, ó proxecto de urbanización parcial da rúa Pedro Sarmiento de Gamboa e zona verde lindante coa rúa Ponte Bolera, composto dun proxecto visado pola Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) con data do 12-6-2001, e planos números 2.1, 2.2 e 10, con data de visado colexial do 17-10-2001, anulando e substituíndo os seus correlativos anteriormente presentados, documentación toda ela redactada polos arquitectos Ignacio e José A. Hermo Túñez; o seu sometemento disponse a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2), e formula-las alegacións e xustificacións que considere procedentes.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde delegado da Área

de Urbanismo e Medio Ambiente