Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1319/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 31 de xaneiro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono 9 B do SU-32 de Ourense, por instancia de José Antonio Velo Domínguez, en representación da xunta de compensación do citado ámbito de xestión urbanística; débese constituír garantía polo importe de 154.416,02 euros, en calquera das formas legalmente admitidas, co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación.

Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no DOG, BOP e nos xornais de maior circulación da provincia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de febreiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde