Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente nº 2/2002.

2. Obxecto do contrato: venda da parcela 1 do predio Dehesa de Campelos da rúa 7 de Santa Lucía.

3. Forma de adxudicación: poxa, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 128.215,50 euros.

5. Garantía provisional: 2.564,31 euros. Garantía definitiva: 10% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D. ..... DNI número ...., expedido en ...., con data do ...., en nome propio (ou en representación de

...., como acredita por ....), informado da convocatoria de contratación, polo procedemento aberto e mediante a forma de poxa, acordada polo Concello de Moraña, e anunciada no Diario Oficial de Galicia nº ...., do ...., toma parte nela comprometéndose a adquiri-lo ben parcela 1 do predio Dehesa de Campelos da rúa 7 de Santa Lucía, no prezo de .... (en letra e número) euros, no cal non está incluído o imposto sobre o valor engadido (16%), que será por conta do adxudicatario, conforme as condicións dos pregos de cláusulas administrativas e técnicas particulares, que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 25 de febreiro de 2002.

José A. Eiras Paz

Alcalde