Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 26/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa. A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia de la CCP: C.P.V: 74700000.

Expediente nº 26/2001 (Servicio de limpeza dos centros integrantes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela).

4. Data de adxudicación do contrato: 29-10-2001.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

1. Oferta económica: ata 40 puntos.

2. Oferta técnica:

Estudio funcional para a execución do servicio e distribución de postos de traballo por área e tipos de limpeza (rutina e a fondo) con especificación de horarios e quendas. Plan de limpezas especiais.

Partes de actividade e control de presencias: ata 25 puntos.

Procedementos de limpeza, productos, maquinaria e equipamento de persoal por categorías: ata 20 puntos.

Plan de seguimento, control e avaliación continuada da calidade do servicio: ata 10 puntos.

Certificación de calidade ISO 9002: ata 5 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 2.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores: Maconsi, S.L. Camiño do Romeu, s/n. 36330 Coruxo-Vigo.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s): 95.000.000 de pesetas (570.961,50 euros) mensuais.

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial das Comunidades Europeas: DOCE do 18 de agosto; BOE do 21 de agosto; DOG do 28 de agosto.

12. Data de envío do anuncio: 6 de febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e pode ser impugnado na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co

disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela