Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de limpeza dos locais das oficinas de emprego da provincia de Pontevedra.

A Delegación Provincial de Pontevedra, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 5/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza dos locais das oficinas de emprego da provincia de Pontevedra.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: provincia de Pontevedra.

d) Prazo de execución: desde o 1-4-2002 ata o 31-12-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 144.245 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, 8-1º.

b) Localidade e código postal: 36201 Vigo.

c) Teléfono: 986 81 70 54.

d) Telefax: 986 81 70 43.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación da proposicións, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunt.es/contratacion/resultado.asp?N=959

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría B.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 (oito) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: os que figuran na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares; deben figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª Enderezo: rúa Concepción Arenal, 8-1º.

3ª Localidade e código postal: 36201 Vigo.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986 81 70 43) ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: rúa Concepción Arenal, 8-1º.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 h.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 20 de febreiro de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra