Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 7 de febreiro de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000247-2 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro-Viveiro, avda. Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000247-2.

Denunciado: Manuel Sánchez Álvarez.

DNI: 79321654.

Enderezo: lg. Xoane-Goiáns, 33, Carballo (A Coruña).

Nº de expediente: PESAN1 2001/000260-2.

Denunciado: Mauricio Adelín Trinchete Regil.

DNI: X-01545506.

Enderezo: Daián, 22, Cervo (Lugo).

Celeiro-Viveiro, 7 de febreiro de 2002.

Cristina López-Escobar Fernández

Instructora

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE