Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, sobre as constitucións e modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Política Agroalimentaria, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Miño Plantas SAT nº 1129 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con domicilio en avda. Ordóñez, nº 1, Goián, Tomiño (Pontevedra);

obxecto social: producción e comercialización de planta ornamental; capital social: 4.000.000 de pesetas, (24.040,48 A); nº de socios: 6.

A sociedade agraria de transformación Viveiros Río Tollo SAT nº 1130 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con domicilio en avda. Ordóñez, s/n, Goián, Tomiño (Pontevedra); obxecto social: producción e comercialización de planta ornamental; capital social: 8.400.000 pesetas, (50.485,02 A); nº de socios: 6.

A sociedade agraria de transformación Casa Eduardo SAT nº 1131 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio en Santa Leocadia, nº 19, Castro de Rei (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 400.000 pesetas, (2.404,05 A); nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Sandamil SAT nº 1132 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio en Vereda, Pacios, Castro de Rei (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 150.000 pesetas, (901,52 A); nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Candia SAT nº 1133 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio en r/ Costa do Castro, nº 1, 27780, Foz (Lugo); obxecto social: explotación comunitaria gandeira e forestal; capital social: 8.000.000 de pesetas, (48.080,97 A); nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Gasalla SAT nº 1134 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con domicilio en lg. Abella, Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 24.900.000 pesetas, (149.652,01 A); nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Regueiro Picón SAT nº 1135 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con domicilio en lg. Campo de Xesteda, Cerceda (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 65.400.000 pesetas, (393.061,92 A); nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Fixo SAT nº 1136 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con domicilio en lg. Piloño, Vila de Cruces (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 600.000 pesetas, (3.606,07 A); nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Costeiro SAT nº 1137 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio en Bariz, Castro de Rei, Paradela (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 6.000.000 de pesetas, (36.060,73 A); nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Grolo SAT nº 1138 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio en Arcillá, nº 3, Cospeito (Lugo); obxecto social: producción

gandeira; capital social: 300.000 pesetas, (1.803,04 A); nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación San Marcos SAT nº 1139 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con domicilio en Lamela, Silleda (Pontevedra); obxecto social: explotación conxunta de terras, construccións e gando para destinalas á producción gandeira de gando vacún; capital social: 60.000 pesetas, (360,61 A); nº de socios: 3.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Ganadería Fontealbite SAT nº 1099 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 1 de agosto de 2001, acordan por unanimidade a alta dun socio e baixa doutro socio, sen variación no capital social.

Así mesmo, elixen nova xunta rectora integrada por José Manuel Sebio Molguero, presidente; Gregoria Molguero Iglesias, secretaria, e Aitor Sebio Molguero, vocal.

A sociedade agraria de transformación Finca Fonteboa SAT nº 986 XUGA, na asemblea xeral do 19 de outubro de 2000, acordan por unanimidade:

Elección da xunta rectora integrada por Juan Lavandeira López, presidente; Leonor Calvo Castro, secretaria, e José Mª Lavandeira Calvo, vocal.

A sociedade agraria de transformación As Fontiñas SAT nº 922 XUGA, na asemblea xeral do 22 de agosto de 2000, acordan por unanimidade a alta dun socio e baixa doutro socio, sen variación no capital social. Tamén elixen nova xunta rectora, integrada por Isabel Bello Pérez, presidenta; José Luis Carnota Oubel, secretario, e José Bello López, vocal.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Promoción

Agroalimentaria