Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Goa. (Expediente 087-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia,

artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Eurovento, S.L. Unipersonal, as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico de Goa.

Peticionario: Eurovento, S.L. Unipersonal, rúa Varsovia, 4º C, 5ª planta, Área Central. 15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Viveiro e O Vicedo (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.609.000,00;4.838.000,00)

V(0.609.000,00;4.836.000,00)

V(0.607.800,00;4.836.000,00)

V(0.606.990,00;4.838.000,00)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 4.

-Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 5,2 MW.

-Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 1,3 MW.

-Producción neta anual estimada: 12.495 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.941.893 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-4 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 1,3 MW de 1.300 kW de potencia nominal unitaria.

-4 centros de transformación de 1.600 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

O que se fai público para coñecemento xeral, para que se poida examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que se consideren oportunas nesta delegación provincial sita no edificio administrativo, Ronda da Muralla 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Goa poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo e concellos de Viveiro e O Vicedo (Lugo); pódense presentar cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Cómpre significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese realizar.

Lugo, 13 de febreiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL