Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día cinco de febreiro do ano que corre, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións, rasantes e ordenación de volumes da Z-4 do Plan parcial SAU-3, promovido por Juan García Domínguez.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel na que reciba esta notificación. Previa e potestativamente, poderase interpon recurso de repo

sición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel no que reciba a devandita notificación.

Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Rianxo, 15 de febreiro de 2002.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde