Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 5 de febreiro do ano que corre, tomou coñecemento do avance de planeamento do Plan Xeral de Ordenación do Concello de Rianxo, elaborado pola empresa Arteplan, S.A., o que de acordo co artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galcia, se expón ó público polo prazo dun mes e para os efectos previstos no dito artigo.

Durante ese prazo as entidades e particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes.

O que se expón ó público para xeral coñecemento.

Rianxo, 18 de febreiro de 2002.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde