Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/84-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Construcciones Demya, S.L.

Domicilio social: As Ferreiras-As Vendas da Barreira, 32611 Riós.

Denominación: L.M.T., C.T. para aserradoiro de Pedra.

Situación: Riós.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV de 786 m en conductor R.H.Z. 1 12/20 kV máis 18 m aérea, derivada desde a L.M.T., de Unión Fenosa-As Vendas de Barreira-O Navallo e con final no C.T. proxectado en caseta de 160 kVA, 20.000/380-220 V nas Ferreiras, á beira da nave.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense