Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/60-2, 5635 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Mini Centrales Hidroeléctricas de Galicia, S.L.

Domicilio social: Tabernas 20-1º D, 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T. de interconexión minicentral Búbal con L.M.T. Unión Fenosa.

Situación: Carballedo.

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA, con orixe en minicentral de Búbal e final en L.M.T. de Unión Fenosa, de 660 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 14 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo