Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.845

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001540/2001 IN interposto por Fausto Valentín Blanco García en nome e representación de Dorinda Taibo Serra contra a Resolución do 26 de novembro de 2001 recaída no expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial por deficiente instalación e sinalización de elementos ornamentais no centro de INEF de Bastiagueiro (A Coruña).

Na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estase a tramita-lo recurso contencioso-administrativo nº 01/0001540/2001 IN interposto por Fausto Valentín Blanco García en nome e representación de Dorinda Taibo Serra contra a Resolución do 26 de novembro de 2001 recaída no expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial por deficiente instalación e sinalización de elementos ornamentais no centro de INEF de Bastiagueiro (A Coruña).

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo referido ó tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública