Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do PERI da U.E. IV-09 baixada a San Roque (expediente 6710/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 31 de xaneiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) IV-09 baixada de San Roque, promovido pola xunta xestora constituída por propietarios do dito PERI, e redactado polo arquitecto José María Catalán Pérez, con documentación técnica visada polo COAG o 24 de setembro de 2001 (expediente 6710/411).

Segundo.-Proceder á apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncios no DOG nun xornais de maior circulación da provincia, con notificación individualizada ós propietarios do ámbito, na forma prevista nos artigos 58 e 59 Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXA-PAC).

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 7 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo