Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso das obras de restitución dos servicios de saneamento e abastecemento en Queizás.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 12/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras na rede de saneamento e abastecemento en Queizás.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 111.530,62 euros (18.557.134 pesetas).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: Decreto do 15-2-2002.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrey; avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 18 de febreiro de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde