1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 11/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obras na rede de saneamento e abastecemento na rúa principal de Pazos.
b) Lugar de execución: Concello de Verín.
c) Prazo de execución: catro meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 75.812,83 euros (12.614.194 pesetas).
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento base de licitación.
Definitiva: 4% do orzamento base de licitación, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.
8. Presentación das proposicións.
a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).
b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.
c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.
e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.
9. Apertura das ofertas.
a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.
b) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.
b) Aprobación do expediente de contratación: Decreto do 15-2-2002.
c) Consulta documentación: imprenta Monterrey; avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Teléfono: 988 41 02 66.
11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
Verín, 18 de febreiro de 2002.
Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde