Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

No BOP número 15, con data do 22 de xaneiro de 2002, publicáronse integramente as bases da convocatoria da oposición libre para a provisión dunha praza de garda da policía local, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Soutomaior.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os seguintes anuncios publicaranse no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello.

Sotomaior, 29 de xaneiro de 2002.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde