Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de oito días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que rexerán a adxudicación, polo procedemento aberto e de poxa, do dereito de arrendamento de parcela de 6.070 m en monte Faquiña, coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicar polo procedemento aberto e de poxa, de arrendamento de parcela de 6.070 m en monte Faquiña. En todo caso, as licitacións aprazaranse de presentárense impugnacións contra o prego de condicións, ata que non sexan resoltas.

Obxecto: dereito de arrendamento da parcela de 6.070 en monte Faquiña.

Tipo de licitación: 4.560,17 euros.

Presentación de proposicións: no Rexistro de Entrada de documentos, en horas hábiles de oficina.

Mos, 5 de febreiro de 2002.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde