Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

No BOP nº 85, do 4 de maio de 2000, procedeuse á publicación das bases de selección de persoal laboral, correspondente á oferta de emprego público do ano 2000, coas seguintes prazas:

Dúas prazas de limpadoras para prestación de servicios de limpeza en edificios públicos, polo sistema de concurso-oposición libre, persoal laboral fixo de novo ingreso.

Por este anuncio convócanse probas selectivas para a cobertura das prazas anteriormente descritas, significando que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Mos, 16 de xaneiro de 2002.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde