Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

EDICTO.

Por acordo do Pleno deste concello, do 22-1-2002, aprobouse por unanimidade o inicio do expediente para a aprobación da bandeira municipal. De conformidade co disposto no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, exponse ó público este expediente por espacio dun mes, a partir da publicación deste anuncio no DOG, para que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Arbo, 30 de xaneiro de 2002.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde