Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de luvas.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

*C.P.1/2002, subministración sucesiva de luvas, dividido en 4 lotes.

Lote 1. Luvas cirúrxicas de látex estériles.

Lote 2. Luvas cirúrxicas sen látex estériles.

Lote 3. Luvas de látex non estériles.

Lote 4. Luvas de vinilo non estériles

Orzamento: 45.688,39 A/ano (corenta e cinco mil seiscentos oitenta e oito euros con trinta e nove céntimos de euro/ano).

Lote 1: 13.931,49 A/ano (trece mil novecentos trinta e un euros con corenta e nove céntimos de euro/ano).

Lote 2: 2.908,90 A/ano (dous mil novecentos oito euros con noventa céntimos de euro/ano).

Lote 3: 24.040 A/ano (vintecatro mil corenta euros/ano).

Lote 4: 4.808 A/año (catro mil oitocentos oito euros/ano).

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2002 con posiblidade de prórroga por anos naturais.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación de subministracións solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

Características técnicas: ata 35 puntos.

Prezo: ata 35 puntos.

Prontitude na subministración: ata 20 puntos.

Dispoñibilidade de EAN e EDI: ata 10 puntos.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: o 4% de adxudicación de cada lote.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 6 de febreiro de 2002.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital da Costa de Burela