Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2002 pola que se publica a oferta pública de emprego de persoal funcionario de administración e servicios para o ano 2002 desta universidade.

De conformidade co artigo 18 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), e cos artigos 65 e 108 dos estatutos da Universidade da Coruña, este rectorado

RESOLVE:

Primeiro.-De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, publícase a oferta de emprego público do persoal funcionario de administración e servicios da Universidade da Coruña para o ano 2002:

Grupo D, escala auxiliar administrativo da Universidade da Coruña, dotación 53.

Grupo C, escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, dotación 11.

Segundo.-As prazas ofertadas están dotadas orzamentariamente na correspondente relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servicios que se atopan vacantes ou cubertas por persoal laboral con contratos de interinidade na data da súa aprobación.

Terceiro.-As convocatorias de probas selectivas que se deriven da presente oferta publicaranse no DOG e no BOE.

Cuarto.-Consonte o establecido na disposición décimo novena da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, reservarase un número de prazas non inferior ó 3 por cento das vacantes para seren cubertas entre persoas con discapacidade de grao igual ou superior ó 33 por cento.

En calquera caso, respecto das persoas que superen o correspondente proceso selectivo por esta quenda, poderase requirir dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato co desempeño das tarefas e funcións do posto de traballo.

A Coruña, 5 de febreiro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA