Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2002, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan para cada curso no dito anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos especificamente no dito anexo I para cada curso.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou controis que considere oportunos ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do

15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: informática básica para usuarios do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (14 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos en materia informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que verificará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema o 28 de xuño de 2002.

No caso de que nunha provincia ou servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (30 para A Coruña e Pontevedra, 20 para Lugo e Ourense e 40 para servicios centrais), unicamente se considerarán as solicitudes de usuarios que durante os meses de maio e xuño de 2002

tivesen máis días de conexión ó sistema. Para tal efecto, na solicitude, no epígrafe onde se describen as tarefas realizadas no posto de traballo relacionadas co obxecto do curso, deberá indicarse obrigatoriamente o código identificador do usuario no SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas:A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 14 (4 edicións para os usuarios de Santiago de Compostela, 3 edicións para A Coruña e Pontevedra, e 2 edicións para Lugo e Ourense).

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Santiago de Compostela: do 9 ó 13 de setembro (1ª edición); do 16 ó 20 de setembro (2ª edición); do 23 ó 27 de setembro (3ª edición); 30 de setembro e do 1 ó 4 de outubro (4ª edición).

-A Coruña e Pontevedra: do 9 ó 13 de setembro (1ª edición); do 16 ó 20 de setembro (2ª edición); do 23 ó 27 de setembro (3ª edición).

-Lugo e Ourense: do 9 ó 13 de setembro (1ª edición); do 16 ó 20 de setembro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos. O contorno Windows 95/98 e o procesador de textos Word 97.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: ferramentas de traballo en grupo: correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes) (45 edicións).

1. Obxectivos.

Obter un adecuado coñecemento da ferramenta de correo corporativo da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Administración autonómica que sexa usuario do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes).

3. Criterios de selección.

Usuarios do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes), que dispoñen de conta persoal (conta co seu nome e apelidos), circunstancia que verificará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema o 24 de maio de 2002 e usuarios que xestionan un buzón xenérico (conta co nome do organismo, centro directivo, servicio, instituto, etc.), circunstancia que deberán acreditar achegando á súa solicitude unha certificación do xefe do centro directivo ou organismo ó que pertence o citado buzón.

No caso de que nunha provincia ou en servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (90 para servicios centrais e 90 para cada unha das provincias), establecerase a prioridade en función da data de alta como usuario do correo electrónico (de máis antigo a máis recente).

A EGAP publicará as datas e lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 6 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 45 (9 edicións para os usuarios de cada unha das catro provincias e 9 para os de servicios centrais).

As datas serán as mesmas tanto para Santiago de Compostela como para tódalas provincias:

3 e 4 de xuño (1ª edición); 5 e 6 de xuño (2ª edición); 10 e 11 de xuño (3ª edición); 12 e 13 de xuño (4ª edición); 17 e 18 de xuño (5ª edición); 19 e 20 de xuño (6ª edición); 24 e 25 de xuño (7ª edición); 26 e 27 de xuño (8ª edición); 1 e 2 de xullo (9ª edición).

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

O correo electrónico (Lotus Notes): a área de traballo (vistas, paneis e carpetas), xestión do correo

(envío e recepción de mensaxes), a sinatura electrónica, a axenda, asignación de tarefas, as mensaxes especiais e bases de datos corporativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación de formadores de usuarios de páxinas web institucionais: www.xunta.es, www.eidolocal.es e Intranet da Xunta de Galicia.

1. Obxectivos.

Obter un profundo coñecemento do servicio www en xeral e, en concreto, das webs institucionais www.xunta.es, www.eidolocal.es e Intranet da Xunta de Galicia, coa finalidade da posterior formación e apoio ós usuarios destas.

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase con base en:

-A relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se impartirán posteriormente os cursos de formación de usuarios.

-A experiencia na impartición de cursos do SXPA e correo electrónico.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: aula de informática da EGAP (2ª planta), os días 26 e 27 de marzo e do 1 ó 5 de abril.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción á rede Internet, o servicio www, o deseño de páxinas web, interactividade. As webs institucionais xunta.es, eidolocal.es e Intranet da Xunta de Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de cinco días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación de formadores de usuarios das ferramentas de traballo en grupo: correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes).

1. Obxectivos.

Obter un profundo coñecemento da ferramenta de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes) e unha óptima preparación para a posterior formación dos usuarios.

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios selección.

A selección efectuarase con base en:

-A relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se impartirán posteriormente os cursos de formación dos usuarios.

-A experiencia na impartición de cursos do SXPA e correo electrónico.

-A relación directa con outras institucións que dispoñen de usuarios do correo electrónico.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás

delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: aula informática da EGAP (2ª planta), do 20 ó 24 e do 27 ó 28 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 11.

5. Contido.

Correo electrónico (Lotus Notes): área de traballo (vistas, paneis e carpetas), xestión do correo (envío e recepción), sinatura electrónica, axenda, asignación de tarefas, mensaxes especiais e bases de datos corporativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: reforma administrativa da Xunta de Galicia (8 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento do proceso de reforma administrativa implantado na Xunta de Galicia, especialmente nos aspectos vinculados á avaliación do rendemento das unidades administrativas e ó sistema de xestión de procedementos administrativos.

2. Destinatarios.

Responsables de unidades administrativas da Xunta de Galicia, con nivel de subdirección xeral, xefatura de servicio e xefatura de sección.

3. Criterios de selección.

No caso de que nunha localidade de realización do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, daráselles preferencia ós responsables de unidades directamente implicadas na avaliación do rendemento.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: do 20 ó 23 de maio (1ª edición); do 27 ó 30 de maio (2ª edición); A Coruña: do 20 ó 23 de maio (1ª edición); do 27 ó 30 de maio (2ª edición); Lugo: do 20 ó 23 de maio; Ourense: do 27 ó 30 de maio; Pontevedra: do 20 ó 23 de maio; Vigo: do 27 ó 30 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Obxectivos básicos, dirección estratéxica e organización de impulso: o establecemento do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA). Servicio de Resposta Inmediata (SERI). A creación do sistema de información administrativa e atención ó cidadán. O rexistro de contratistas. Oficina de Tramitación única de Industrias (OTU). A avaliación do rendemento das unidades administrativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 15 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública segundo a localidade de realización do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: perfeccionamento do persoal usuario do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (6 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional do SXPA por parte dos seus usuarios finais, con especial atención ás novas funcionalidades do sistema.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedemento Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Te-la condición de usuario final do SXPA ou a de persoal destinado nas oficinas de información e atencion ó cidadán, circunstancias que serán verificadas pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, segundo a

lista de usuarios activos no sistema a 1 de setembro de 2002.

No caso de que nunha localidade de realización do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, observaranse os seguintes criterios de selección, dándolles prioridade ás solicitudes segundo esta orde:

3.1. Usuarios finais do SXPA que non participasen nas edicións do presente curso realizadas nos anos 1999, 2000 e 2001. Dentro deste grupo terán prioridade absoluta os usuarios destinados nas Oficinas de Tramitación Única de Industrias (OTU) e nas oficinas incluídas no programa do Servicio de Resposta Inmediata (SERI).

3.2. Persoal destinado nas oficinas de información e atención ó cidadán.

Se, conforme os criterios anteriores, se producise empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes e non houbera prazas para todos, a selección efectuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo responsable do servicio de persoal de que dependa o solicitante. De persisti-lo empate, resolverase mediante sorteo entre os afectados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: do 14 ó 18 de outubro (1ª edición); do 21 ó 25 de outubro (2ª edición); A Coruña: do 14 ó 18 de outubro; Lugo: do 21 ó 25 de outubro; Ourense: do 14 ó 18 de outubro; Pontevedra: do 21 ó 25 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

SXPA: introducción ó sistema e ós seus módulos de rexistro, tramitación, información de seguimento e seguridade. O sistema de xestión de subvencións. O correo electrónico: Lotus Notes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 31 de agosto.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública segundo a localidade de realización do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de riscos laborais. Plans de emerxencia (20 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-los integrantes dos comités de autoprotección, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20, para implanta-los plans de emerxencia nos centros de traballo da Administración da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, agás persoal docente e persoal estatutario do Sergas.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal integrante dos comités de autoprotección nos distintos centros da Administración da Xunta de Galicia, ou persoal que se queira integrar ó remate do curso, que non fixera ningún curso nesta especialidade.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Ourense (3 edicións): 11 e 12 de abril (1ª edición); 18 e 19 de abril (2ª edición); 25 e 26 de abril (3ª edición).

-Lugo (3 edicións): 11 e 12 de abril (1ª edición); 18 e 19 de abril (2ª edición); 25 e 26 de abril (3ª edición).

-A Coruña (4 edicións): 9 e 10 de maio (1ª edición); 23 e 24 de maio (2ª edición); 30 e 31 de maio (3ª edición); 6 e 7 de xuño (4ª edición).

-Pontevedra (3 edicións): 9 e 10 de maio (1ª edición); 23 e 24 de maio (2ª edición); 30 e 31 de maio (3ª edición).

-Vigo: 6 e 7 de xuño.

-Ferrol: 13 e 14 de xuño.

-Santiago de Compostela (5 edicións): 19 e 20 de setembro (1ª edición); 26 e 27 de setembro (2ª edición); 3 e 4 de outubro (3ª edición); 10 e 11 de outubro (4ª edición); 17 e 18 de outubro (5ª edición).

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Incendio: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Plans de

emerxencia. Primeiros auxilios. Prácticas con lume real: extintores e bies.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: documentación xurídico-procesual.

1. Obxectivos.

Que os funcionarios da Administración xeral, sen coñecementos específicos da materia adquiran un coñecemento básico sobre organización xudicial, normas procesuais, relacións da Administración cos órganos xudiciais e documentación específica forense. Familiariza-lo referido persoal co manexo de documentos procesuais, así como coas relacións cos órganos da Administración de xustiza, e os diferentes actos de comunicación procesual. Obte-la capacitación necesaria para a cualificación e clasificación da documentación xurídico-procesual, con atención especial ó uso das aplicacións informáticas que existen para tal efecto.

2. Destinatarios.

Funcionarios e persoal laboral da Xunta de Galicia pertencentes ós grupos C e D, III e IV.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os solicitantes destinados en unidades ás que se lles encomenda a asistencia xurídica da Administración da Comunidade Autónoma e a súa administración institucional, tanto consultiva como contenciosa.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 17, 18, 19, 20, 24, 25 e 26 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Organización e planta dos xulgados e tribunais: especial atención ós órganos xurisdiccionais de Gali

cia: organización e competencias. Actos de comunicación procesual. Resolucións xudiciais. Esquema de tramitación dos procesos xudiciais nas distintas ordes xurisdiccionais. Os órganos de xestión das administracións públicas e o proceso contencioso-administrativo: competencia, suspensión de actos, remisión do expediente e emprazamentos, execución de sentencias. Nocións básicas sobre Internet e correo electrónico. O sistema de xestión de preitos da Xunta de Galicia. Bases de datos: nocións xerais. Bases de datos xurídicas. Tratamento de documentos: tratamento de textos e OCR.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xurisdicción e procesos constitucionais.

1. Obxectivos.

Adquisición de coñecementos sobre os distintos procesos constitucionais, con especial exame do recurso de inconstitucionalidade como proceso de control directo da constitucionalidade da lei e da cuestión de inconstitucionalidade como proceso de control indirecto. Farase especial fincapé no exame dos conflictos de competencia entre o Estado e as comunidades autónomas, así como no recurso de amparo e os distintos mecanismos procesuais de tutela dos dereitos fundamentais. Exame das competencias do Tribunal Constitucional e a súa delimitación coas competencias propias da xurisdicción contencioso-administrativa. Exame dos máis relevantes procesos constitucionais nos que fora parte a Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia que sexan licenciados en dereito.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os solicitantes destinados en unidades que levan xestión administrativa e preparación da documentación para a súa remisión ós tribunais, así como a tramitación de recursos en vía administrativa e xestión da execución de resolucións xudiciais ante órganos da xurisdicción constitucional.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

O Tribunal Constitucional como órgano constitucional do Estado. A súa normativa constitucional. Composición e funcionamento. O recurso de inconstitucionalidade. O control previo de constitucionalidade dos tratados internacionais. A cuestión de inconstitucionalidade: a denominada «autocuestión» de inconstitucionalidade. Os conflictos positivos de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas, ou destas entre si. Conflictos negativos de competencias. Os conflictos entre os órganos constitucionais do Estado. As impugnacións reguladas no título V da Lei orgánica do Tribunal Constitucional. O control de inconstitucionalidade das disposicións regulamentarias. O recurso de amparo. A tutela dos dereitos fundamentais ante a xurisdicción ordinaria. A defensa constitucional da autonomía local. Os conflictos en defensa da autonomía local. Os efectos das resolucións do Tribunal Constitucional. A delimitación de competencias entre a xurisdicción constitucional e a xurisdicción

contencioso-administrativa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: curso teórico-práctico sobre a Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

1. Obxectivos.

Análise da regulación contida na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, á vista da experiencia adquirida desde a súa entrada en vigor, examinando cada unha das súas institucións, con especial referencia ás cuestións dubidosas ou doctrinalmente debatidas, e estudio das resolucións xudiciais máis significativas. Análise da Lei 1/2000, de axuizamento civil, desde o punto de vista da súa supletoriedade no proceso contencioso-administrativo.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia que sexan licenciados en dereito.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os solicitantes destinados en unidades que levan xestión administrativa e preparación

da documentación para a súa remisión ós tribunais, así como a tramitación de recursos en vía administrativa e xestión da execución de resolucións xudiciais ante órganos da xurisdicción contenciosa.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6, 10, 11 e 12 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

A dimensión constitucional da xurisdicción contencioso-administrativa. Ámbito: cuestións prexudiciais. Órganos e competencias. As partes. O obxecto do recurso: actividade recorrible e pretensións. Procedemento ordinario. Procedemento abreviado. Recursos. Procedementos especiais. As medidas cautelares. Incidentes e invalidez de actos procesuais. Termos e prazos. Custas procesuais. Supletoriedade da Lei de axuizamento civil. A defensa das administracións públicas no ámbito do proceso contencioso-administrativo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción á economía pública europea.

1. Obxectivos.

Ofertar unha visión panorámica dos problemas fundamentais da economía pública para unha axeitada implementación das políticas comúns, preparando os empregados da Administración que as executan sobre o terreo para a súa mellor comprensión e adaptación á realidade galega. Consegui-la capacitación básica para analiza-lo diverso alcance económico dunha mesma disposición en diversos contornos sociais e institucionais. Divulgación das ferramentas elementais para a comprensión de textos e disposicións de contido económico que instrumentan as diferentes políticas públicas comunitarias de maior incidencia en Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia sen formación específica en economía.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 30 de setembro ó 15 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Concepto de economía pública. Orzamento comunitario e orzamento autonómico. O dereito comunitario como paradigma dunha nova economía constitucional. Actores económicos públicos. O mercado interior e a súa comparación co modelo de mercado de libre competencia: diferencias, distorsións e particularidades. Teoría da elección pública no ámbito europeo: rol dos axentes sociais galegos no proceso decisorio. Fundamentos de estructura económica comparada. Análise económica do acervo comunitario.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: fondos estructurais comunitarios.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-los mecanismos comunitarios de aplicación de políticas de axuste estructural, así como os seus instrumentos de xestión, logo da aprobación dos novos regulamentos do 21 de xuño de 1999.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C, e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que presten servicios en unidades implicadas na posible xestión de recursos financeiros procedentes de fondos estructurais

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas coa programación e xestión de fondos estructurais, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución

da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG núm. 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 13 ó 28 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Os fondos estructurais comunitarios. Introducción. Análise xurídica, tratamento de queixas e procedementos de infracción. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Fondo Social Europeo (FSE). O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA). O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP). Iniciativas e programas singulares. O Fondo de Cohesión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de taxas e prezos (3 edicións).

1. Obxectivos.

Obter unha xestión eficaz e eficiente das taxas e prezos esixibles no ámbito da Administración da Xunta de Galicia con aplicación de criterios uniformes.

2. Destinatarios.

Todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia que realice tarefas relacionadas coa xestión de taxas e/ou prezos.

3. Criterios de selección.

A selección determinarase pola relación do posto de traballo co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugares e datas: Lugo: 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de setembro; Ourense: 23, 24, 25, 26 e 30 de setembro e 1, 2 e 3 de outubro; Santiago de Compostela: 30 de setembro e 1, 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Instrumentos regulados na Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Fixación dos instrumentos. Taxas e prezos. Procedementos de xestión das taxas e dos prezos: liquidación e ingreso. Procedemento xeral: autoliquidación. Liquidacións de oficio. Recursos e suspensión. Procedemento de recadación. Devolución de ingresos indebidos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: control de axudas públicas.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal nos sistemas de control de axudas e subvencións públicas, en especial no relativo ó cumprimento das obrigas derivadas da aplicación da normativa da Comisión da Unión Europea.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso, o cal deberá certifica-lo responsable do departamento no que estea destinado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 12, 13 e 14 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Normativa legal que afecta ó control das axudas públicas. O ciclo da xestión das subvencións e a súa influencia sobre o control. As axudas procedentes de fondos europeos e o seu control. Metodoloxía aplicable ó control de subvencións. Unha experiencia práctica sobre o control das subvencións. A auditoría: unha técnica aplicable á revisión das subvencións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios (Subdirección Xeral de Planificación Económica) e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción á topografía.

1. Obxectivos.

Adquiri-los coñecementos teóricos básicos sobre as distintas metodoloxías topográficas, así como obter soltura suficiente no uso do taquímetro e da estación total. Nas prácticas de campo abordaranse aplicacións diversas da topografía

2. Destinatarios.

Legoeiros e laborais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3. Criterios de selección.

A selección dará prioridade ó persoal que precisa da toma de datos de campo para a medición e execución de obras e proxectos de estradas. As prazas que non se cubran con este criterio poderán ser ocupadas por persoal adscrito a labores de conservación e explotación.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 35 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 27 e 30 de maio; 3, 6, 10, 13, 17, 20, 24 e 27 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Introducción á topografía. Levantamentos, tipos e partes. Introducción á cartografía. Instrumentos simples. Métodos de agrimensura. Instrumentos compostos. Métodos estadimétricos. Manexo da estación total. Método de radiación. Cálculo do desnivel entre dous puntos. Toma de datos para a elaboración de perfís. Replanteos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación en transportes.

1. Obxectivos.

Proporcionar unha formación básica en materias de competencia da Dirección Xeral de Transportes.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos B e C da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Aplicaranse os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia núm. 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 20 ó 24 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Ordenamento xurídico do transporte. O sistema concesional. Autorizacións de transporte: transporte escolar. Réxime sancionador e inspección do transporte. Mercadorías perigosas e perecedoiras. Discos-tacógrafo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Transportes e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a norma ISO 9001: 2000.

1. Obxectivos.

Adquirir unha visión xeral dos requisitos da nova edición da norma ISO 9001: 2000, facilitando a súa comprensión, as posibilidades de aplicación dos criterios que se establecen e a súa énfase na orientación ó cliente.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia que desexe coñece-los requisitos da norma ISO 9001: 2000.

3. Criterios de selección.

Procurarase un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, como entre departamentos, respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 7 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, o día 13 de xuño.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14 horas e das 16 ás 18.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción á familia ISO 9000 do ano 2000. A norma ISO 9001: 2000. Análise e interpretación dos seus requisitos. Casos prácticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse a Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: aplicacións informáticas de consumo (SACO) (4 edicións).

1. Obxectivos.

Coñecer e aplica-las modificacións incorporadas ó programa. Unificar criterios no manexo da aplicación nas distintas provincias.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo que debe manexa-la aplicación.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal dependente do Instituto Galego de Consumo que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 8 horas.

4.2. Lugares e datas: locais dos servicios provinciais do IGC na Coruña, Lugo e Ourense, e na Oficina de Consumo en Vigo, nas seguintes datas: A Coruña: o día 8 de abril. Lugo: o día 9 de abril. Ourense: o día 10 de abril. Vigo: o día 11 de abril.

4.3. Horarios: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Apertura de expedientes. Follas de reclamación. Follas de inspección. Consultas. Resolucións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Xerencia do Instituto Galego de Consumo e presentaranse no seu rexistro xeral ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificado poa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: novo enfoque e enfoque global en directivas comunitarias: repercusión na liberalización industrial. Organismos de control.

1. Obxectivos.

Establece-las relacións existentes entre as directivas de novo enfoque e do enfoque global coas atribucións dos organismos de control.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario ou laboral da Consellería de Industria e Comercio, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas na área de seguridade industrial.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, respectaranse en todo caso os criterios de selección contidos na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG núm. 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 8 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, o día 3 de outubro.

4.3. Horarios: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Directivas de novo enfoque e de enfoque global en materia de seguridade industrial, e regulamentos asociados. Liberalización industrial e organismos de control. Funcionamento dos organismos de control.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Industria e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: xestión informática de axudas para investimentos en explotacións agrarias (3 edicións).

1. Obxectivos.

Darlles unha formación adecuada ós xestores de axudas estructurais con cargo ó Real decreto 613/2001, dentro da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, tanto dos servicios centrais como dos provinciais e das oficinas agrarias comarcais, para que poidan aproveitar tódalas utilidades da aplicación informática de xestión.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do Ilgga que xestione axudas do Real decreto 613/2001.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios que xestionen directamente as axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, aula informática 2ª planta, os días 11 e 12 de abril (1ª edición); 18 e 19 de abril (2ª edición); 25 e 26 de abril (3ª edición).

4.3. Horarios: das 9 ás 15 horas e das 17 ás 19 horas (só o último día de cada edición).

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Elaboración dos estudios económicos. Ficheiros de consultas. Revisión de expedientes. Certificación de investimentos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de marzo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a dirección do Ilgga, e presentaranse no rexistro xeral do dito instituto, no da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: toma de mostras en alimentación animal e medicamentos (2 edicións).

1. Obxectivos.

Alcanza-los coñecemento necesarios para unha correcta actuación nunha toma de mostras.

2. Destinatarios.

Veterinarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os veterinarios que traballen en temas de alimentación animal e medicamentos. Sub

sidiariamente utilizaranse criterios de responsabilidade e antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 20, 21, 22 e 23 de maio (1ª edición) e os días 30 de setembro e 1, 2 e 3 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.15 horas.

4.4. Prazas: 60 por edición.

5. Contido.

Lexislación. Levantamento de actas. Realización de toma de mostras en alimentación animal e PNIR. Estudio das distintas tomas de mostras que hai que realizar. Envío e recepción de mostras ós laboratorios.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: inspección e control na producción agroalimentaria.

1. Obxectivos.

Adquisición de coñecementos sobre o control da normativa na producción agroalimentaria.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que realicen funcións de control.

3. Criterios de selección.

Daráselles preferencia ós funcionarios que interveñan directamente nos controis sobre a sanidade e producción vexetal, así como na calidade agroalimentaria.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6, 7, 8, 9 e 10 de maio.

4.3. Horarios: das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Normativa sobre controis. Inspeccións e controis por sectores de producción. Medios utilizados. Análise de datos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: asociacionismo agrario e desenvolvemento agroindustrial.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal no coñecemento da normativa que afecta ó sector asociativo e na importancia do asociacionismo agrario no desenvolvemento agroindustrial.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios que desempeñen funcións relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, durante o mes de setembro.

4.3. Horarios: os xoves das 16 ás 19 horas e os venres das 9 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Aspectos legais. Situación actual. Problemática e perspectivas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: avaliación do impacto ambiental na concentración parcelaria.

1. Obxectivos.

Orienta-lo persoal que intervén na concentración parcelaria sobre o impacto ambiental nas zonas nas que se decretou ou vai decreta-la concentración parcelaria.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural relacionado coa concentración parcelaria.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que intervén directamente nos procesos de concentración parcelaria e nos temas relacionados co impacto ambiental nas zonas de concentración.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16 de maio.

4.3. Horarios: das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Normativa vixente. Criterios sectoriais: estudio do medio físico, patrimonio cultural, paisaxismo, etc. Situación actual. Problemática e perspectiva.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a xestión de fondos FEOGA-Garantía.

1. Obxectivos.

Que os xestores dos fondos FEOGA-Garantía coñezan tódalas fases de tramitación dos expedientes con cargo ós ditos fondos, así como o sistema integrado de xestión e control, de aplicación á maior parte das axudas do FEOGA-Garantía.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica, tanto de servicios centrais como periféricos, que interveña nas distintas fases da tramitación de axudas con cargo ó FEOGA-Garantía.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que interveña máis directamente na xestión destas axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 42 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 16, 17, 23, 24 e 30 de setembro; 1 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 35.

5. Contido.

O organismo pagador: antecedentes; situación actual: fases na xestión dos pagamentos, conta anual. O organismo de coordinación; institucións e órganos comunitarios. O sistema integrado de xestión e control: primas gandeiras; axudas por superficies; aplicación ás medidas de desenvolvemento rural.O réxime simplificado.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de xuño.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director do Ilgga, e presentaranse no rexistro xeral do dito organismo autónomo ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: información, documentación e xestión de recursos turísticos.

1. Obxectivos.

Ofrece-los coñecementos prácticos necesarios para mellorar na prestación dos servicios de información, xestión e promoción de recursos turísticos.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia relacionado coa xestión, conservación e inspección de recursos -patrimonio cultural e natural- susceptibles de atracción turística.

3. Criterios de selección.

Daráselle preferencia ó persoal das Oficinas de Turismo da Xunta de Galicia, e a aquel que traballe actualmente en ámbitos directamente relacionados co sector turístico.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6, 8, 10, 13 e 14 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Ordenación do turismo. Políticas e programas turísticos en España e Galicia. Análise da demanda. Turismo e desenvolvemento sustentable. Interpretación do patrimonio como técnica de valorización de recursos turísticos. Técnicas de comunicación e difusión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Dirección Xeral de Turismo, e presentaranse no seu rexistro, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: normalización documental en museos.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-la normalización da documentación do museo que propón o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de cara á simplificación do traballo e a compartir recursos e información.

2. Destinatarios.

Persoal técnico, funcionario e laboral da Xunta de Galicia, pertencente ós museos dependentes da Comunidade Autónoma galega.

3. Criterios de selección.

Preferentemente o persoal facultativo de grao superior e medio. Se quedasen prazas vacantes cubriranse con outro persoal do museo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 30 de setembro; 1, 2 e 3 de outubro.

4.3. Horarios: das 11 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Estructura do sistema. Fondos museográficos. Fondos documentais. Fondos museográficos e documentais. Fondos bibliográficos. Administración. Estructura da información.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Con

sellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e presentaranse no seu rexistro xeral, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: bases de datos aplicables a museos.

1. Obxectivos.

Dominio práctico das bases de datos aplicables ós museos, con especial relación ós xestionados pola Comunidade Autónoma galega.

2. Destinatarios.

Persoal técnico, funcionario e laboral da Xunta de Galicia, pertencente ós museos dependentes da Comunidade Autónoma galega.

3. Criterios de selección.

Preferentemente o persoal facultativo de grao superior e medio. Se quedasen prazas vacantes cubriranse con outro persoal do museo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 21, 22, 23 e 24 de outubro.

4.3. Horarios: das 11 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Programas. Funcionamento básico. Aplicacións prácticas concretas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e presentaranse no seu rexistro xeral, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* IV curso de formación de funcionarios da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o recoñecemento das especies, artes e instalacións obxecto de procedementos administrativos por instancia de parte.

1. Obxectivos.

Formación do persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no recoñecemento das especies, artes e instalacións do mundo da pesca e da acuicultura que son obxecto do seu traballo.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3. Criterios de selección.

3.1. Estar adscrito a postos de traballo dependentes da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3.2. Estar adscrito a postos de traballo dos Servicios de Recursos Mariños das delegacións territoriais ou das delegacións comarcais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3.3. Estar adscrito a outros postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3.4. En caso de necesidade, terase en conta como criterio selectivo a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 2 ó 6 de setembro.

4.3. Horarios: das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Coñecemento das especies obxecto de explotación na pesca, no marisqueo e na acuicultura en Galicia, con especial referencia ás vedas e tamaños mínimos de comercialización. Artes e aparellos autorizados en Galicia. As embarcacións de pesca e auxiliares da acuicultura: límites ó exercicio da actividade da pesca. Permisos de explotación. Plans de explotación. Alternancia de artes. A acuicultura. As súas instalacións. A lexislación aplicable. Os procedementos administrativos por instancia de parte en materia de acuicultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, San Caetano, núm. 5-2º, Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a reforma da Lei 6/1991, do 15 de maio, e a súa adaptación á lexislación estatal.

1. Obxectivos.

Aproximarse ás modificacións operadas na Lei 6/1991 a través da Lei de acompañamento ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Analiza-las consecuencias da adaptación da lexislación autonómica á regulación básica estatal contida na Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marí

tima do Estado e, así mesmo, ás propostas de reforma pendentes. Unificar criteiros con vistas a unha próxima reforma.

2. Destinatarios.

Persoal relacionado coa aplicación da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros ou con interese nela.

3. Criterios de selección.

Implicación nos procedementos sancionadores tramitados conforme a lei estudiada.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 8 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 21, 22 e 23 de maio.

4.3. Horarios: das 17.30 ás 20.30 horas e das 17.30 ás 19.30 horas (último día).

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Análise da Lei 6/1991, do 15 de maio, trala modificación operada pola Lei de acompañamento ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A unificación de criterios na gradación das sancións nos diferentes ámbitos territoriais ás novidades operadas pola aplicación de lexislación básica estatal, e ó proxecto de reforma pendente.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días hábiles.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó Servicio Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e presentaranse no rexistro da devandita consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: toma de mostras no medio mariño.

1. Obxectivos.

Formar oficiais e auxiliares dos laboratorios implicados no control oficial de productos procedentes da pesca, o marisqueo ou a acuicultura nas técnicas de mostraxe no medio mariño.

2. Destinatarios.

Persoal técnico dos laboratorios dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, preferentemente oficiais e auxiliares do Centro de Control do Medio Mariño (CCMM).

3. Criterios de selección.

Terán prioridade e nesta orde:

3.1. Oficiais e auxiliares do Departamento de Mostraxe do CCMM.

3.2. Oficiais e auxiliares do Departamento de Condicións Oceanográficas e Fitoplancto do CCMM.

3.3. Oficiais e auxiliares do Departamento de Calidade Ambiental do CCMM.

3.4. Resto do persoal técnico do CCMM implicado na mostraxe no medio mariño.

3.5. Outro persoal técnico implicado na mostraxe do medio mariño da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: salón de actos do Centro de Control do Medio Mariño. Peirao de Vilaxoán. Vilagarcía de Arousa, os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de outubro.

4.3. Horarios: das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Tratamento e conservación de mostras para a súa análise en función do tipo de mostras e analítica requirida. Tratamento estatístico. Toma de mostras estatisticamente correctas. Análise probabilística de desviacións. Distribución normal. Accións correctas ante unha toma de mostra dun lote non uniforme. Toma de mostra manual e automática: diferencias, semellanzas. Vantaxes e inconvenientes de cada un dos procedementos. Toma de mostra oficial: documentación, acta, etiquetaxe, defensión, testemuñas. Toma de mostra para a análise inicial, contradictoria e arbitral ou dirimente. Toma de mostra e análise in situ: mostra ou parámetros perecedoiros; caducidade; almacenamento; cadea de custodia; cadea de frío. Uso de aditivos para parámetros lábiles e para conservación de mostras.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contarse a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e presentaranse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións provinciais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a norma EN ISO/IEC 17025: 2000.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal dos laboratorios implicados no control oficial de productos procedentes da pesca, o marisqueo ou a acuicultura nos requisitos xerais relativos á competencia dos laboratorios de ensaio e calibración.

2. Destinatarios.

Persoal dos laboratorios dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, preferentemente do Centro de Control do Medio Mariño.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase entre o persoal destinatario que estea desenvolvendo actividades en relación directa co contido do curso, preferentemente oficiais e auxiliares de laboratorio do Centro de Control do Medio Mariño.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Control do Medio Mariño. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), os días 1, 2, 3, 4, 8, 9 e 10 de outubro.

4.3. Horarios: das 16 ás 18.30 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Requisitos xerais relativos á competencia dos laboratorios de ensaio e calibración: termos e definicións. Requisitos de xestión: sistema de xestión da calidade, control dos documentos, control dos traballos de ensaio e/ou calibración non conformes, accións correctivas, accións preventivas, control dos rexistros. Requisitos técnicos: persoal, instalacións e condicións ambientais, métodos de ensaio e calibración, validación de métodos, equipos, trazabilidade das medidas, mostraxe, manipulación de obxectos de ensaio e calibración, aseguramento da calidade dos resultados dos ensaios e calibracións, informes dos resultados.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e presentaranse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións provinciais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: acta de inspección e medida cautelar do procedemento sancionador en materia de recursos marítimo pesqueiros.

1. Obxectivos.

Conseguir un mellor coñecemento do procedemento correcto do levantamento de actas e das incautacións que orixinan as infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros da Lei 6/1991, coa finalidade de acadar unha maior efectividade nas devanditas tarefas de inspección e represión das conductas tipificadas pola devandita lei. Achegamento á lexislación aplicable, así como

á xurisprudencia recaída neste tipo de expedientes, orientándose sobre as cuestións máis relevantes suscitadas na práctica diaria.

2. Destinatarios.

Axentes do servicio de inspección con intervención nos procedementos sancionadores tramitados ó abeiro da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións e sancións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

3. Criterios de selección.

Relación co levantamento de actas e incautación dos procedementos sancionadores citados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 6 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5 e 6 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Normativa e xurisprudencia aplicable ó levantamento da acta de inspección ó abeiro da Lei 6/1991. As incautacións dos aparellos e os vehículos utilizados na comisión da infracción tipificada na lei citada, casuística desta e actuacións que se deben practicar.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días hábiles.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Pesca e Protección de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e presentaranse no rexistro da devandita consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: tratamento estatístico de datos obtidos a partir das técnicas analíticas aplicadas a productos mariños.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal técnico dos laboratorios implicados no control oficial de productos procedentes da pesca, o marisqueo ou a acuicultura, nas técnicas estatísticas para o tratamento dos datos obtidos a partir das analíticas aplicadas a productos mariños.

2. Destinatarios.

Persoal técnico do Centro de Control do Medio Mariño e dos laboratorios dependentes da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os que desempeñen postos de titulado superior (licenciado) que traballen no Centro de Control do Medio Mariño (CCMM); a continuación o persoal técnico do devandito centro que non desempeñe posto de licenciado e, finalmente, o persoal técnico (independentemente da súa titulación) dos laboratorios dependentes da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Control do Medio Mariño. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), os días 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Tratamento estatístico de datos. Aplicación estatística de programas informáticos. Estatística descritiva. Análise da varianza (ANOVA, MANOVA, ANCOVA). Análise de regresión. Series temporais. Análise de agrupamentos (cluster). Escalado multidimensional (MDS). Análise factorial. Análise canónica. Análise discriminante. Técnicas estatísticas de control da calidade. Deseño experimental. Test non paramétrico.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e presentaranse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións provinciais, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: as sociedades cooperativas galegas (2 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal da Administración autonómica nas características e regulación legal das sociedades cooperativas galegas e nas posibilidades de promoción e fomento desta fórmula empresarial.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que realice funcións de orientación de proxectos na área de emprego, ou nas áreas relacionadas co mar ou co agro.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, do día 15 ó 18 de abril e Pontevedra do día 22 ó 25 de abril.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Regulación legal da sociedade cooperativa galega. Aspectos económicos e sociais. Vantaxes competitivas. Medidas de apoio. Análise de experiencias galegas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contarse a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Traballo), edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta, 15771 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación sobre procedementos de infraccións e sancións na orde social.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal adscrito ós órganos con competencia en materia de expedientes de infraccións e sancións na orde social.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós departamentos con competencia de actuación en materia de expedientes de infraccións e sancións na orde social.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do día 3 ó 6 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Real decreto 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social. Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a

imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contarse a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Traballo), edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta, 15771 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación en materia de expedientes de regulación de emprego.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal adscrito ós órganos con competencia de actuación en materia de expedientes de regulación de emprego.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós departamentos con competencia de actuación en materia de expedientes de regulación de emprego.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, dos días 6 ó 10 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. Real decreto 43/1996, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de regulación de emprego e de actuación administrativa en materia de traslados colectivos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Traballo), edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta, 15771 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documen

tación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de medios destinados á Administración de xustiza.

1. Obxectivos.

Formar funcionarios dos servicios centrais e delegacións provinciais sobre necesidades e optimización de medios da Administración de xustiza.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós departamentos con competencia de actuación en materia da Administración de xustiza.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, do día 21 ó 24 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Decretos de transferencias. Pagamentos esixibles á Administración. Optimización dos medios destinados á Administración de xustiza.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: quenda de oficio.

1. Obxectivos.

Unificación de criterios entre servicios centrais e delegacións provinciais para o control da quenda de oficio. Optimización dos medios informáticos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós departamentos con competencia de actuación en materia da Administración de xustiza.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do día 17 ó 20 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Lexislación sobre a materia. Obrigas dos colexios. Control das obrigas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: aspectos prácticos da Lei de axuizamento civil (7 edicións).

1. Obxectivos.

Aspectos prácticos na aplicación da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario da Administración de xustiza en Galicia, destinado nos xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción e audiencias provinciais.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios titulares da Administración de xustiza en Galicia respecto ós interinos que estean traballando na data de inicio do curso nela, destinados nos xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción, e audiencias provinciais, rexendo como segundo criterio de selección a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, meses de xuño a outubro. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Cuestións xerais. Procesos declarativos e especiais. Recursos. Execución e medidas cautelares.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: aspectos prácticos da Lei de axuizamento criminal (7 edicións).

1. Obxectivos.

Aspectos prácticos na aplicación da Lei de axuizamento criminal e da Lei orgánica 5/1995, do 22 de maio, do tribunal do xurado.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario da Administración de xustiza en Galicia, destinado nos xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción, e audiencias provinciais.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios titulares da Administración de xustiza en Galicia respecto ós interinos que están traballando na data de inicio do curso nela, destinados en xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción, e audiencias provinciais, rexendo como segundo criterio de selección a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, meses de xuño a outubro. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Cuestións xerais. Sumario e procedementos especiais. Recursos e execución.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas

previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: aspectos prácticos da Lei de procedemento laboral (7 edicións).

1. Obxectivos.

Aspectos prácticos na aplicación da Lei de procedemento laboral.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario da Administración de xustiza en Galicia, destinado nos xulgados do social, xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción, e audiencias provinciais.

3. Criterios de selección.

3.1. Terán prioridade os funcionarios titulares da Administración de xustiza en Galicia seguindo esta orde: a) funcionarios titulares e interinos da orde social; estes últimos teñen que estar traballando na data de inicio do curso na orde social; b) funcionarios titulares destinados en xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción e audiencias provinciais; c) funcionarios interinos que estean traballando na data de inicio do curso, destinados en xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción e audiencias provinciais.

3.2. Rexerá como segundo criterio de selección a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, meses de xuño a outubro. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Cuestións xerais. Dos actos procesuais, o proceso ordinario e as modalidades procesuais. Recursos e execución.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: aspectos prácticos da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa (7 edicións).

1. Obxectivos.

Aspectos prácticos na aplicación da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario da Administración de xustiza en Galicia, destinado nos xulgados do contencioso-administrativo, xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción, e audiencias provinciais.

3. Criterios de selección.

3.1. Terán prioridade os funcionarios titulares da Administración de xustiza en Galicia seguindo esta orde: a) funcionarios titulares e interinos da xurisdicción contencioso-administrativa; estes últimos teñen que estar traballando na data de inicio do curso na xurisdicción do contencioso-administrativo; b) Funcionarios titulares destinados en xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción e audiencias provinciais; c) funcionarios interinos que estean traballando na data de inicio do curso, destinados en xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción e audiencias provinciais.

3.2. Rexerá como segundo criterio de selección a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, meses de xuño a outubro. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Cuestións xerais. Procedemento en primeira ou única instancia, e procedemento abreviado. Procedementos especiais. Recursos e execución.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: proxecto de Lei concursal (7 edicións).

1. Obxectivos.

Novidades da reforma da lexislación concursal española.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario da Administración de xustiza en Galicia, destinado nos xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción e audiencias provinciais.

3. Criterios de selección.

Funcionarios titulares da Administración de xustiza, destinado en xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción e audiencias provinciais, rexendo como segundo criterio de selección a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, meses de xuño a outubro. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Cuestións xerais. Aspectos novidosos e comparativa do proxecto de Lei concursal, en relación á lexislación vixente en materia de concurso, suspensión de pagamentos e quebra.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: inspección de centros de servicios sociais (centros de menores, centros de atención á infancia e centros de acollida para mulleres víctimas de malos tratos).

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal que realiza a función inspectora dos centros de servicios sociais e que tramita os distintos procedementos.

2. Destinatarios.

Persoal dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción

do Emprego, Muller e Xuventude, relacionado coa función inspectora e cos distintos procedementos dos centros.

3. Criterios de selección.

Determinarase pola relación directa do posto de traballo co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 9 e 10 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Análise e estudio da lexislación en materia de inspección de centros de servicios sociais. Propostas para mellora-la calidade dos servicios que prestan estes centros. Técnicas de redacción de informes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: a avaliación na escola infantil 0-3 anos.

1. Obxectivos.

Recoñece-los procesos avaliativos como procesos de reflexión sobre a vida cotiá no centro. Aplica-los procesos de avaliación como sistema de mellora en distintos ámbitos da dinámica dun centro 0-3 anos.

2. Destinatarios.

Directores/as dos centros infantís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

O curso vai destinado a tódolos directores/as dos centros infantís dependentes da consellería.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 4, 5 e 6 de xuño.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (o último día só horario de mañá).

3.4. Prazas: 22.

5. Contido.

O diagnóstico educativo na educación infantil. Indicadores de calidade nos centros de atención á primeira infancia. A avaliación de programas e centros de atención á primeira infancia. Instrumentos e recursos para a avaliación e rexistro.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de información, orientación e asesoramento á xuventude.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal das casas de xuventude e dos servicios de información xuvenil a nivel teórico-práctico sobre a información e as distintas asesorías que se poden levar a cabo nas oficinas de información xuvenil: emprego, educación, vivenda, voluntariado, programas europeos e asociacionismo para a xuventude

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 34 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 16, 17, 18, 19, 23, 24 e 25 de abril.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

3.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción e esquema básico da estructura do sistema educativo na súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil. Introducción e esquema básico sobre o acceso ó mercado laboral. O autoemprego. O Servicio Galego de Colocación. A orientación laboral. As distintas axudas á creación de emprego e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil. Introducción e esquema básico

sobre o voluntariado en Galicia. A Oficina de Intermediación do Voluntariado Xuvenil. Introducción e esquema básico sobre as axudas para a vivenda destinadas á xuventude. Recursos da Unión Europea para a xuventude. Asociacionismo xuvenil: xestión dunha asociación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: conceptos básicos en materia de dereito de familia.

1. Obxectivos.

Facilitar, desde unha perspectiva de xénero, a abordaxe das problemáticas familiares.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5 , 6, 7, 10, 11 e 12 de xuño.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Constitución do matrimonio. Dereitos e deberes no matrimonio. Réximes económicos matrimoniais. Crises matrimoniais: efectos persoais e patrimoniais. Separacións: de feito, xudicial e notarial, mutuo acordo. Situacións desencadeantes de ruptura. Divorcio. Nulidade. Unións de feito. Mecanismos para a resolución de conflictos. Propostas legais. Estudio da Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar. Tratamento penal da violencia contra as mulleres. Violencia habitual. Delictos contra a liberdade e identidade sexual. Procedementos civís e penais. Recursos e servicios existentes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó Servicio Galego de Igualdade e presentaranse no seu rexistro xeral, no da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: información e calidade na atención á xuventude desde os Servicios de Información Xuvenil.

1. Obxectivos.

Aumenta-la calidade na prestación dos servicios de información á xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 10, 11, 12 e 13 de setembro.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

4. Contido.

A información nunha oficina de información xuvenil. A calidade na prestación da información nas OMIX e PIX. Características básicas da xuventude. A relación interpersoal. Elementos da comunicación. As barreiras. Tipos de comunicación. A atención ó público xuvenil. Estratexias. Internet e o correo electrónico como ferramentas da información xuvenil.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: procesos de valoración das gardas e tutelas públicas.

1. Obxectivos.

Profundar nas causas e consecuencias que ten a adopción de medidas de garda e tutela desde a Administración, tanto para os menores como para o persoal que os atende.

2. Destinatarios.

Persoal técnico dos equipos do menor, dos centros de menores e dos servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os técnicos dos equipos do menor e dos servicios centrais: psicólogos, traballadores sociais, pedagogos e asesores xurídicos.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 9, 10 e 11 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (o último día só horario de mañá).

4.4. Prazas: 25.

4. Contido.

A tutela automática como responsabilidade que incumbe á entidade pública. A garda pública: definición e consecuencias. Lexislación definitoria das figuras xurídicas de garda e tutela. Actuacións públicas desde os servicios de atención a menores en risco, con gardas e tutelas. Responsabilidades do persoal público ante a garda e a tutela do menor.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano, 15771, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: programación didáctica de xornadas de información e orientación á xuventude desde os Servicios de Información Xuvenil.

1. Obxectivos.

Proporcionarlles ás persoas que traballan na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, uns coñecementos teórico-prácticos para organizar, programar ou deseñar xornadas informativas dirixidas á mocidade do seu ámbito de actuación.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 21, 22, 23 e 24 de maio.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A programación (Obxectivos. Contidos. Métodos. Actividades. Recursos materiais e medios didácticos. Avaliación) no ámbito da xuventude. Dinámica de grupos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: traballo da linguaxe músico-vocal a través dos contos.

1. Obxectivos.

Aumenta-lo dominio da expresión corporal e da voz para desenvolve-las capacidades expresivas. Recrear historias baseándose nas propias percepcións para facelas máis reais. Narrar contos como se fosen historias propias. Traballa-la espontaneidade e a capacidade de improvisación como ferramentas cotiás na aula.

2. Destinatarios.

Educadores infantís dos centros infantís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

Persoal laboral fixo que desempeñe funcións de educador infantil e persoal laboral temporal coas mesmas funcións; terase en conta a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Vigo, os días 6, 7, 13 e 14 de setembro.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas (os días 6 e 13) e das 16 ás 21 horas (os días 7 e 14)

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A educación musical na etapa infantil. O proceso de autocoñecemento da voz e do propio corpo. Exercita-la fonación e a desinhibición. Datos para unha boa escola dos contos: auditorio, narrador, música.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano 15771, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: cómo previr e afrontar a drogodependentes nos centros de menores.

1. Obxectivos.

Coñece-los aspectos xerais das drogodependencias. Coñece-lo normal desenvolvemento e os problemas da infancia e da adolescencia. Coñecer e encadra-la problemática das drogodependencias.

2. Destinatarios.

Directores, educadores de centros de menores e persoal das delegacións provinciais dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os directores e educadores de centros.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 23, 24 e 25 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (o último día só horario de mañá).

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Diferentes modelos de tratamento das drogodependencias. Intervencións de carácter psicolóxico e sanitario con persoas drogodependentes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión o curso axustaranse ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia, Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: toma de mostras en ambiente (2 edicións).

1. Obxectivos.

Unifica-los criterios para unha toma de mostras representativa, nos distintos medios (gasoso, líquido e sólido) e adecualos ás distintas técnicas tanto manuais como automáticas, de xeito que se poida garantir que a análise da mostra representa realmente o estado do medio.

2. Destinatarios.

Axentes forestais de Medio Ambiente Natural, persoal da gardería de Augas de Galicia e resto de persoal da Consellería de Medio Ambiente que tome mostras con destino a análises ambientais.

3. Criterios de selección.

A selección do persoal farase tendo en conta as seguintes prioridades: persoal da Consellería de Medio Ambiente dedicado á mostraxe sistemática e ó envío de mostras a laboratorios de referencia. Primarase a demostración real de ter tomado e remitido mostras para análise de laboratorio. Persoal da Consellería de Medio Ambiente que apoia legal ou administrativamente procedementos relacionados coa toma de mostras. Persoal doutras consellerías que realizan toma de mostras para envío a laboratorios de análise.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (polígono A Grela - A Coruña), os días 10, 11 e 12 de abril (1ª edición); e os días 24, 25 e 26 de abril (2ª edición).

4.3. Horarios: os dous primeiros días das 9 ás 14.30 horas e das 16 ás 19.30 horas; o terceiro día das 9 ás 14.30 horas (xornada práctica de campo).

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

-Toma de mostras estatisticamente correcta. Toma de mostra manual e automática. Toma de mostra oficial: documentación, acta, etiquetaxe, defensión, testemuñas. Toma de mostra para análise inicial,

contradictoria e arbitral ou dirimente. Toma de mostra e análise in situ: mostras ou parámetros perecedoiros; caducidade; almacenamento; cadea de custodia, cadea de frío. Uso de aditivos para parámetros lábiles e para conservación de mostras.

-Toma de mostras líquidas. Mostras de líquidos inmiscibles.

-Toma de mostras sólidas. Uniformidade. Estudio previo.

-Toma de mostra gasosa.

-Toma de mostras biolóxicas.

-Mostraxes complexas e novas metodoloxías.

-Clases prácticas e traballos de campo. Utilización dos medios dispoñibles no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (Laboratorio de Referencia). Toma de mostra en ríos e en lixiviados. Funcionamento dunha unidade móbil de inmisión. Toma de mostra é análise in situ en emisión. Mostraxe de residuos e solos contaminados.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Subdirección Xeral de Planificación e Promoción do Desenvolvemento Sostible, Centro de Desenvolvemento Sostible, Consellería de Medio Ambiente, 15781 Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados e as referencias ós criterios de selección, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: interpretación e criterios sobre a nova lista europea de residuos.

1. Obxectivos.

Dota-la Inspección Ambiental da formación básica sobre a nova lista europea de residuos, lexislación aplicable e a súa aplicación nos labores de inspección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia. Actualización e normalización de criterios xerais sobre residuos na inspección ambiental.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

O curso diríxese a: persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral. Persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral. Persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

Este persoal serán titulados superiores de corpos especiais (químicos, biólogos, enxeñeiros, etc.).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 13, 14 e 15 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Diferencias lexislativas destacables entre o Catálogo Europeo de Residuos (CER) (Directiva 75/442/CEE do Consello do 15 de xullo de 1975) e a Decisión da Comisión (Decisión 2001/118/CE) do 16 de xaneiro de 2001, pola que se modifica a Decisión 2000/532/CE no que se refire á lista de residuos. Diferencias administrativas entre o CER (Directiva 75/442/CEE) e a nova lista europea de residuos (Decisión 2001/118/CE). Aplicación da Decisión 2001/118/CE nos países da Unión Europea: caso de Holanda e Portugal. Cambios orixinados na xestión de residuos coa entrada en vigor da nova lista europea de residuos. Casos prácticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, San Lázaro, Santiago de Compostela.

As instancias presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción á proposta galega de lugares de importancia comunitaria. A Rede Natura 2000.

1. Obxectivos.

Darlles a coñecer ós técnicos e axentes forestais a proposta galega dos lugares de importancia comunitaria e a normativa que os regula.

2. Destinatarios.

Técnicos e axentes forestais.

3. Criterios de selección.

As prazas cubriranse segundo a seguinte orde de preferencia:

3.1. Técnicos da Subdirección de Medio Ambiente Natural, dos servicios centrais e periféricos, que non fixeran o curso noutras edicións.

3.2. Técnicos da Subdirección de Caza e Pesca Fluvial, dos servicios centrais e periféricos, que non fixeran o curso noutras edicións.

3.3. Axentes territoriais, que non fixeran o curso noutras edicións.

3.4. Gardas maiores de parques naturais.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6 e 7 de xuño.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Directiva Hábitats 92/43 CEE. Real decreto 1997/1995. Lei 9/2001, de conservación da natureza en Galicia. A Rede Natura: forma de elaboración. Compromisos que supón a inclusión de espacios na Rede Natura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: divulgación da lexislación sobre protección animal en Galicia.

1. Obxectivos.

Divulgación entre os axentes da gardería de Medio Ambiente Natural, dos contidos teóricos e das implicacións prácticas da lexislación sobre protección animal en Galicia. Os axentes de Medio Ambiente como axentes divulgadores da lexislación sobre protección animal no medio rural.

2. Destinatarios.

Axentes forestais de Medio Ambiente Natural.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase nos correspondentes servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, vistas as solicitudes, con base nos seguintes criterios, por esta orde:

3.1. Axentes que traballen nos centros de recuperación de fauna silvestre.

3.2. Axentes cun posto de traballo que teña estreita relación co contido do curso:

3.2.1. Existencia de núcleos zoolóxicos con animais salvaxes en catividade no seu ámbito territorial laboral.

3.2.2. Existencia de establecementos de animais domésticos de compañía no seu ámbito territorial laboral.

3.3. Ámbito xeográfico do posto de traballo, de tal xeito que os axentes seleccionados representen as diferentes zonas da xeografía da provincia.

3.4. Antigüidade do posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 13 e 14 de xuño.

4.3. Horarios: das 10.30 ás 13.30 horas e das 16 ás 19 horas (o día 13 de xuño). Das 10 ás 14 horas (o día 14 de xuño).

4.4. Prazas: 40 (10 por provincia).

5. Contido.

Detalle das implicacións da lexislación sobre protección animal en Galicia. Liñas de actuación neste ámbito na Comunidade Autónoma galega, así como noutras comunidades autónomas. O papel dos axentes de medio ambiente como divulgadores da lexislación sobre protección animal no medio rural.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: iniciación e formación á infraestructura xeográfica na xestión forestal sustentable.

1. Obxectivos.

Presentarlles ós participantes os sistemas de decisión forestal (SDF) baseados en sistemas integrais de infraestructura xeográfica, tales como sistemas de información xeográfica, bases de datos xeográficas, servidores web de mapas, etc., básicos na xestión forestal sustentable.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da xestión forestal da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal ó servicio da Administración pública con funcións en materia de sustentabilidade forestal, topografía e delineación.

3. Criterios de selección.

A selección daralle prioridade ó persoal con responsabilidade na promoción e posta en marcha deste tipo de sistemas de decisión forestal, que sexan técnicos do ámbito da xestión forestal sustentable, así como persoal con funcións en materia de soporte técnico, sexa topográfico, informático ou xeográfico.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 13, 14 e 15 de abril.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (os dous primeiros días) e das 10 ás 14 horas (o último día).

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Presentación deste tipo de sistemas no ámbito forestal, xustificando a súa necesidade e vantaxes. Estructuración dun sistema dirixido á xestión forestal sustentable en Galicia. Aproximación ó concepto de sistemas de decisión forestal (SDF). Sistemas de captura. GPS, fotografías aéreas, imaxes satélites (teledetección), protocolos de procesamento e verificación dos datos. Breve repaso a estándares existentes. Bases de datos espaciais. Sistemas de explotación; os SIX e os servidores web de mapas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: certificación da xestión forestal sustentable.

1. Obxectivos.

Forma-los destinatarios nos diferentes sistemas de certificación da xestión forestal sustentable (PEFC e FSC), estudia-los métodos de medición dos diferentes indicadores. Problemática da súa aplicación en Galicia.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da xestión forestal da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións en materia de sustentabilidade forestal.

3. Criterios de selección.

A selección daralle prioridade ó persoal con responsabilidade na promoción e posta en marcha deste tipo de sistemas de certificación. As prazas que non se cubran con este criterio poderán ser ocupadas por persoal responsable en labores de xestión forestal sustentable.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 13, 14 e 15 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (os dous primeiros días) e das 10 ás 14 horas (o último día).

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Definición de sustentabilidade. Aplicación ós terreos forestais. Normalización e certificación dos sistemas de xestión forestal sustentable. Silvicultura e ordenación de montes. Biodiversidade e conservación da natureza. Certificación forestal dos principais sistemas PEFC e FSC. Criterios e indicadores dos sistemas de certificación en España. As auditorías de certificación. A cadea de custodia. Certificación forestal en Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: procedemento sancionador en materia de augas (2 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos sobre o dereito administrativo sancionador en materia de augas e formación específica da gardería fluvial na instrucción dos procedementos.

2. Destinatarios.

Persoal do organismo autónomo Augas de Galicia que pertenza ás categorías de xefes de equipo, gardas de explotación ou similar.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría en cada servicio territorial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 6 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 14 e 15 de outubro (1ª edición); e os días 21 e 22 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 13 por edición.

5. Contido.

Natureza xurídica da gardería fluvial. Dilixencias previas nun procedemento sancionador: partes de denuncia e informes de campo. Instrucción do procedemento: informes que se soliciten polo instructor; validez probatoria dos informes. Resolución do procedemento: informes de comprobación do cumprimento. Intervención noutros procedementos: comprobación do cumprimento das obrigas impostas nas resolucións do organismo. Protocolización de toma de mostras en expedientes de verteduras.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Augas de Galicia e presentaranse no rexistro xeral do organismo, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: coidados de enfermería nas persoas maiores en situación terminal: a relación de axuda (2 edicións).

1. Obxectivos.

Capacita-los profesionais dos centros para realizaren plans de coidados individualizados ás persoas maiores dependentes en situación terminal. Motiva-los profesionais dos centros para mellora-los seus coñecementos sobre a implementación de plans de coidados individualizados. Axuda-los profesionais dos centros a integra-la relación de axuda na súa actividade asistencial.

2. Destinatarios.

ATS/DUE, coidadores e auxiliares de enfermería de centros residenciais da terceira idade.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa: por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 27 ó 31 de maio; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 21 ó 31 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

A planificación dos coidados: bases teóricas. A planificación dos coidados; a súa implementación práctica. A relación de axuda: concepto e práctica.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril para o curso de maio e o 6 de setembro para o de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a atención ás persoas con demencia e ós seus familiares.

1. Obxectivos.

Introduci-los profesionais no coñecemento das demencias que afectan ás persoas maiores. Amplia-lo coñecemento dos profesionais acerca dos recursos e prestacións aplicables ás persoas con demencia e ós seus familiares. Procurar unha maior capacitación dos profesionais para unha abordaxe integral na atención ás persoas con demencia e ás súas familias.

2. Destinatarios.

Traballadoras/es sociais dependentes da Consellería de Asuntos Sociais.

3. Criterios de selección.

Profesionais da área psicosocial: por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 22, 23 e 24 de outubro.

4.3. Horarios: das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

As demencias en persoas maiores. A fundación para a tutela do adulto (FUNGA). Impacto sobre a familia e coidador da persoa con demencia. Recursos, equipamentos e prestacións sociais da Consellería de Asuntos Sociais e municipais. As asociacións de familiares de enfermos con demencia. Voluntariado.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 6 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a hostalería nos centros residenciais: organización do comedor e trato co usuario (4 edicións).

1. Obxectivos.

Perfecciona-las técnicas profesionais no comedor: repaso do material, montaxe e servicio, atención ó cliente.

2. Destinatarios.

Gobernantes/as, subgobernantes/as e camareiros/as-limpadores/as dos centros residenciais dependentes da Consellería de Asuntos Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüedade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 20 ó 25 de maio; A Coruña (Residencia Fogar da Terceira Idade Torrente Ballester): do 27 ó 31 de maio; Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 14 ó 18 de outubro; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 21 ó 25 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Nutrición e manipulación de alimentos. O oficio do hostaleiro. O trato co usuario-cliente.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril para os cursos de maio e o 6 de setembro para os de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: coida-lo coidador: técnicas para o tratamento do estrés nos coidadores (2 edicións).

1. Obxectivos.

Análise da comunicación humana e da relación interpersoal desde diferentes paradigmas. Técnicas de afrontamento do estrés. Análise sistemática de conflictos de grupo.

2. Destinatarios.

Auxiliares de enfermería, ATS/DUE e coidadores de residencias e centros da Consellería de Asuntos Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro. Absteranse de solicita-lo curso os seleccionados en edicións anteriores.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Residencia-Fogar da Terceira Idade Torrente Ballester): do 6 ó 14 de maio; Pontevedra (Residencia da Terceira Idade Campolongo): do 3 ó 7 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O manexo do paciente cunha deterioración importante e progresiva: cómo mante-la ilusión. Aprender a vivir coa morte e coas perdas repetidas. As relacións cos familiares. As dificultades do traballo en grupo e a relación cos compañeiros. Traballar na marxinalidade: a vivencia do illamento.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de lesións das costas: mobilización e traslados de enfermos (4 edicións).

1. Obxectivos.

Coñece-la biomecánica articular do ser humano. Adestrar recursos para a mobilización de persoas con mobilidade reducida respectando a súa autonomía, favorecendo a recuperación funcional e incrementando a súa calidade de vida e previndo accidentes das costas por posturas incorrectas. Adquirir coñecementos de prevención.

2. Destinatarios.

ATS/DUE, fisioterapeutas, auxiliares de clínica e coidadores de centros residenciais da terceira idade da Consellería de Asuntos Sociais.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa: por antigüidade e de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro. Absteranse de solicita-lo curso os seleccionados en edicións anteriores.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 20 ó 24 de maio; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 27 ó 31 de maio; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 14 ó 18 de outubro; Vigo (Residencia da Terceira Idade do Meixoeiro): do 21 ó 25 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O transporte manual de cargas no ámbito sanitario: sobreesforzos, posturas. Os factores sociais: incumprimento de normas preventivas. Traslado: factores que inflúen na mobilidade. Consecuencias da inmobilidade. Áreas de presión. Valoración dos pacientes de risco. Úlceras de decúbito, etiopatoxenia e factores de risco. Prevención dos problemas relacio

nados coa inmobilidade. Posicións nos pacientes encamados e cambios posturais. Traslados de pacientes: mecánica corporal. Regras xerais. Cintos de traslado. Procedementos de traslado segundo tipoloxía de pacientes. Circuítos de traslado. Evacuacións de pacientes segundo a súa tipoloxía: válido e non válido.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril para os cursos de maio e o 6 de setembro para os de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: atención sanitaria urxente para persoal de enfermería e auxiliares de clínica (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualizar coñecementos no campo das urxencias que se producen no ámbito xeriátrico. Reciclaxe teórico-práctica de coñecementos en materia de urxencias médicas. Capacita-lo maior número de profesionais para unha actuación inmediata e correcta en situacións de emerxencia vital. Perfeccionamento na aplicación de técnicas de reanimación cardio-pulmonar. Alcanzar un óptimo nivel para unha adecuada valoración da gravidade das urxencias. Establecer e conformar protocolos e esquemas de actuación común en situacións de emerxencia xeriátrica. Organizar esta actuación en función dos distintos niveis de gravidade da urxencia e dos profesionais que participen nesta. Rebaixa-los índices de morbi-mortalidade xeriátrica en centros xerontolóxicos.

2. Destinatarios.

Persoal de enfermería e auxiliares de clínica das residencias dependentes da Consellería de Asuntos Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro. Absteranse de solicita-lo curso os seleccionados en edicións anteriores.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: Ferrol (Residencia da Terceira Idade): do 6 ó 14 de maio; Pontevedra (Residencia da Terceira Idade Campolongo): do 7 ó 15 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O proceso de envecellemento como factor intrínseco na patoloxía urxente xeriátrica. Incidencia, epidemioloxía e morbi-mortalidade das emerxencias xeriátricas. A institución xerontolóxica: características diferenciais. O papel dos traballadores sanitarios e do resto do persoal na primeira asistencia de urxencia. Urxencias: dixestivas, cirúrxicas, endocrinolóxicas, nefrolóxicas, urolóxicas, traumatolóxicas, neurolóxicas, otorrinolaringolóxicas, de aparello respiratorio, etc. Patoloxía infecciosa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril para o curso de maio e o día 6 de setembro para o curso de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: protocolización e rexistros de coidados socio-sanitarios (4 edicións).

1. Obxectivos.

Promove-la mellora da calidade da atención especializada de coidados socio-sanitarios e a optimización dos recursos humanos e técnicos favorecendo a toma de decisións, definindo os obxectivos asistenciais e mellorando os sistemas de avaliación e rexistro. Adestrar na elaboración de protocolos (procedementos) socio-sanitarios para a atención profesional ó cliente perceptor de coidados.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa en centros xerontolóxicos da Consellería de Asuntos Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 16 ó 20 de setembro; A Coruña (Residencia-Fogar da Terceira Idade Torrente Ballester): do 23 ó 27 de setembro; Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 30 de

setembro ó 4 de outubro; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 7 ó 11 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Definición de modelos de atención e coidados socio-sanitarios. Necesidade de procedementos de coidados. Definición e organización de protocolos. Casos prácticos. Vantaxes e inconvenientes da protocolización de coidados. Fases da elaboración de procesos de coidados. Puntos básicos en protocolos de coidados e dun protocolo de xestión de casos. Análise das necesidades de procedementos no contorno profesional e socio-sanitario. Niveis en elaboración de protocolos. Atención básica e especializada.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 31 de xullo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: procedemento administrativo.

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello Consultivo de Galicia.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG núm. 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP Santiago de Compostela, os días 15, 16, 17, 22, 23, 24, 29 e 30 de abril.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Ámbito de aplicación. Principios. Os dereitos e deberes dos cidadáns. O silencio administrativo. Os interesados. O acto administrativo. O procedemento administrativo. Os recursos administrativos. A responsabilidade patrimonial. A potestade sancionadora.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702, Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas e Consello Consultivo de Galicia, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de arquivo.

1. Obxectivos.

A iniciación ó tratamento documental e ás técnicas de arquivo na Administración pública.

2. Destinatarios.

Persoal o servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello Consultivo de Galicia.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG núm. 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Información e documentación. O proceso documental. Os documentos das administracións públicas. As técnicas de arquivo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702, Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas e Consello Consultivo de Galicia, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: as redes informáticas: a rede Internet.

1. Obxectivos.

Divulga-las posibilidades e vantaxes do funcionamento a través das redes informáticas, en especial Internet.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas e Consello Consultivo de Galicia.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG núm. 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18 e 19 de decembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O acceso á Internet. As conexións. As redes. As páxinas web e as canles de información. As canles de diálogo. O correo electrónico. Os foros de discusión (news).

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702, Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas e Consello Consultivo de Galicia, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.